Francisco Cacharro Pardo


Categoría: Político
Data de Nacemento: 16 de novembro de 1936 (8 de marzo de 2015)
Lugar de Nacemento: Guarromán (Jaén)
 Currículum

Estudiou o Bacharelato e Maxisterio en Lugo, e obtivo a licenciatura en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Madrid.

Gañou as oposicións a Inspector Provincial de EXB de Lugo, desempeñando tamén a xefatura de Inspección, e despois foi xefe do Servicio Provincial de Inspección do MEC.

Foi senador electo por Lugo desde a primeira Lexislatura.

Foi presidente da Comisión de Suplicatorios do Senado, conselleiro de Educación da Xunta de Galicia no primeiro Goberno Autonómico tralas eleccións de 1981, presidente provincial e vicepresidente rexional do Partido Popular, concelleiro do Concello de Lugo desde 1974 e deputado provincial ata 1983.

Foi presidente da Deputación Provincial de Lugo dende 1983 a xullo de 2007.

 Outros datos de interese

Entre as distincións coas que foi galardoado, destacan: "Orden do Mérito Constitucional", "Cabaleiro da Orde da Alquitara", "Medalla de Ouro da Cruz Vermella", "Insignia de ouro e brillantes do Club Deportivo Lugo", "Insignia de Ouro da Asociación de Prensa Deportiva de Lugo", "Medalla de Ouro de Unicef-España", "Medalla de Ouro da Universidade de Santiago", nomeamento como irmán maior honorario da Confraría da Santísima Virxe da Esperanza de Lugo, "Insignia de ouro de Caixa Galicia", "O Grelo de Ouro", "medalla de honor da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario"...