Viviu toda a súa vida en Arxentina. Participou na defensa de Bos Aires cando tivo lugar a segunda invasión inglesa. En 1810 foi elixido representante de Catamarca pero o seu nomeamento foi anulado por ser español de nacemento. En xaneiro de 1811 foi nomeado tenente ministro de Facenda.