Empezou traballando de aparellador de Gabriel de Casas nas obras da catedral de Lugo. A súa primeira obra en solitario foi a capela de Nosa Señora do Pilar, na basílica compostelá. En 1714 realizou varias obras no Colexio das Orfas por orden do arcebispo Monroy, entre elas o campanario e o patio da igrexa e nese mesmo ano foi nomeado mestre de obras do Mosteiro de San Martín Pinario. En 1725 realizou o proxecto e a execución da igrexa de Santo Domingo de Belvís (Santiago). No mosteiro de San Martín Pinario levou a cabo as obras do claustro grande, a capela de Nosa Señora do Socorro na igrexa da abadía e o retablo maior desta igrexa. En construcción civil, é autor da Casa do Cabido, a Casa da Conga e a Casa da Inquisición. Na Coruña construíu o convento das Capuchinas e en Lugo realizou as obras do claustro da catedral e a capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes (1725) na catedral. A súa obra mestra é a Fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela, que protexe a antiga do Pórtico da Gloria, xoia da arte barroca galega e español. Comezou a súa construcción en 1738, e tamén, a da Torre da Campá, a semellanza da que estaba construída.
Está enterrado na catedral de Santiago de Compostela.