Evencio Ferrero Rodríguez


Categoría: Mestre e político
Data de Nacemento: En 1955
Lugar de Nacemento: Carballo (A Coruña)
 Currículum

Personaxe central na vida política e na sociedade carballesa no último cuarto de século, forma parte da Corporación Municipal desde a celebración das primeiras eleccións democráticas nas Corporacións Locais en abril de 1979. Actualmente é Alcalde de Carballo dende xuño de 2003.
Foi fundador da Asociación de Veciños de Carballo, da Asociación Cultural ‘Lumieira’ e da Asociación Deportiva ‘Xiria’. É socio da Asociación Antidroga ‘Vieiro’ desde a súa fundación.
Formou parte do Consello Nacional do BNG a finais da década dos oitenta e a totalidade dos noventa e da Comisión Permanente do BNG, sendo responsable institucional da política municipal desde 1990 ata 1996.
Actualmente é membro do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias, membro do consello de administración de ‘Xestur Coruña’ e conselleiro xeral da entidade Caixa Galicia. Forma parte do Consello Escolar de Galicia e do Consello Galego de Inmigración representando ós concellos galegos e da Comisión Negociadora para o Pacto Local na área de Sanidade. É presidente da Fundación Comarcal de Bergantiños da que forman parte os Concellos da Comarca.