Licenciado e Doutor en Historia, ambos con Premio Extraordinario, pola Universidade de Santiago de Compostela (2001 e 2008). Desenvolveu a maior parte da súa carreira investigadora no CSIC, onde acaba de acceder á escala de Científicos Titulares. De 2008 a 2010 realizou sucesivas estancias postdoctorais no Centro de Estudos da População, Economia e Sociedade (CEPESE) da Universidade do Porto e da FCT (Portugal) e en 2014 no Instituto de Historia do CCHS do CSIC. Foi beneficiario do programa para novos doutores “Ángeles Alvariño” da Xunta de Galicia (2008-2011) e investigador “Juan de la Cierva” do Ministerio de Economía e Competitividade (2012-2014).
A súa liña de investigación centrase no ámbito do patrimonio documental, en particular na localización, identificación, análise e transcripción de fontes diplomáticas, epigráficas e heráldicas dos séculos XIII ó XVI para o estudio, dende distintos posicionamentos, dos grupos de poder. Algúns temas de investigación destacados: edición de fontes documentais de institucións eclesiásticas e de casas nobles galegas; a formación dos arquivos nobiliarios e monásticos; a nobleza galega e o auxe dos escudeiros na Idade Media; epigrafía, heráldica e escultura funeraria medieval galega; xurisdiccións medievais de Galicia, a historia das mulleres nas épocas medieval e moderna.
Entre as súas publicacións máis recentes, destaca: El monasterio de San Salvador de Chantada. Historia y documentos, Santiago de Compostela, 2016 (en coautoría con J. Méndez Pérez e M. Romaní Martínez); «A Galiza nas suas relações com Portugal», en L. A. da Fonseca (coord.), Entre Portugal e a Galiza (Sécs. XI a XVII). Um Olhar Peninsular sobre uma Região Histórica, Porto, 2014, en coautoría con E. Pardo de Guevara y Valdés, J.A. de Sottomayor-Pizarro e A. Pestana de Vasconcelos); «Los testamentos como fuente para la historia social de la nobleza. Un ejemplo metodológico», Cuadernos de Estudios Gallegos, 60 (2013) (en coautoría con M. García Fernández); «Asentamiento, desarrollo y ocaso de la Orden del Santo Sepulcro en Galicia. Un panorama general y un documento singular», Cuadernos de Estudios Gallegos, 59, (2012) (en coautoría con I. García Tato); Colección Diplomática del monasterio cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense) 1435-1485, vol. 5, Santiago de Compostela, 2008; Colección documental del Archivo de la Casa de Otero de Quiroga (siglos. XIII-XVIII), Lugo, 2007.
É membro e secretario do Consello de Redacción da revista Cuadernos de Estudios Gallegos e das súas dúas series bibliográficas, 'Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos' e 'Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos'. É vocal da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e membro titular da Académie Internationale de Généalogie.