Emilio Victorino Carral Vilariño


Data de Nacemento: 12 de xullo de 1962
Teléfono: 982223996 - ext.:23123
Fax: 982285926
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Ciencias Biolóxicas (Universidade de Santiago, 1985) e doutor en Ciencias Biolóxicas (Universidade de Santiago, 1992). Foi bolseiro da Deputación da Coruña (1986-88), bolseiro da Xunta de Galicia (1988-89), axudante de universidade (Universidade de Santiago, 1989-93), titular interino de Escola Universitaria (Universidade de Santiago, 1993-94), titular de Escola Universitaria (1994-99) e actualmente ocupa o posto de Catedrático de Escola Universitaria (Universidad de Santiago de Compostela 1999 ). É o coordinador do IV Ciclo Universitario para o Campus de Lugo (USC, desde 1999), ten sido subdirector da Escola Politécnica Superior (USC, 2000-2006), director (en funcións) da Escola Politécnica Superior (desde xuño de 2006). Docente do Cuarto Ciclo da USC (desde 1996), ten impartido seminarios, participado en Másters da USC, codirixido tesiñas de licenciatura e impartido cursos de extensión universitaria..

 Obras realizadas

As liñas de investigación que ten realizado tratan sobre residuos agro-industriais, contaminación, metais pesados, nutrintes, control ambiental, bioindicación, ecoloxía, especies protexidas, xestión ambiental e biodiversidade.
Ten participado en nove proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas, publicado gran cantidade de publicacións ou documentos científico-técnicos e participado en contratos de I+D de especial relevancia con empresas e/o administracións. Realizou estancias en centros estranxeiros (Cuba, Lisboa, Rennes, Italia e Holanda).

 Outros datos de interese

Foi galardoado pola CEL (Confederación de Empresarios de Lugo) co premio a proxectos de investigación aplicado á empresa (1988).