Emilio Carricoba Carricoba


Categoría: Compositor e director de banda
Data de Nacemento: 1 de xaneiro de 1900 ( † En 1969)
Lugar de Nacemento: Matei, Ferreira de Pallares – Guntín (Lugo)
 Currículum

Dende moi pequeno empezou a estudar música do director da Banda de Ferreira, Serafín Mariño. Sendo xa adolescente, decide deixala para ir coa outra banda do concello, a Escala de Guntín, na que tocará o clarinete e o trombón.

Con 25 anos funda a súa propia agrupación, a Banda Armonía, coñecida tamén como a “do Carpaceiro”, por ser o lugar onde ensaiaban. Ademais, Emilio é profesor de música e prepara a varios músicos para os exames da Banda Municipal de Lugo.

En 1993 é contratado como director da Banda de A Mezquita de A Merca (Ourense) e ao ano seguinte encárgase da Banda de Vilanova dos Infantes, unha das formacións máis importantes do momento.

Durante os anos da Guerra Civil é nomeado director da Banda de FET-JONS de Lugo. Dende 1939 ata 1945 dedícase a dar clases de música, ensaiando ademais algunhas formacións da zona: Vilacendoi, Noceda, Piugos… Durante estes anos estableceu amizade con músicos importantes de Galiza: Gustavo Freire, Reveriano Soutullo, que foi o seu mestre durante algún tempo, ou Manuel López Varela, director da Banda Municipal de Madrid (1944-1950)

Entre 1944 e 1949 dirixe a Banda de Chantada, sendo un dos impulsores da Escola Municipal de Música, Solfa e Canto, inaugurada en novembro de 1947.

O seu derradeiro destino como director foi a Banda de Ribadeo, que dirixiu entre 1949 e 1957.

 Obras realizadas

Emilio escribiu máis de cen obras. Salientamos os pasodobres “Luis Campos”, “Por Pallares” ou “Las Marzas”, as fantasías “Virxenciña de Ferreira” e “En las Riberas del Eo”, as marchas de procesión “Ecce Mater Nostra” e “Consumatum Est”, o “Himno a Taramundi”, a misa “Eufónica” e as dúas operetas “¡Viva a Terra!” e “Xente de Paz”.