Emparentada por liña materna co poeta Francisco Añón. Inicia estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Trasládase a Madrid, onde cursa estudios de Psicoloxía. Dáse a coñecer a curta idade en revistas, radio e prensa, obtendo pequenos premios. É finalista de novela curta no Café Xixón.
1971.- Edita o seu primeiro libro Te he perdido, para tí mis palabras. Deste libro saíron unha segunda e terceira edición no ano 1972 e 1973 respectivamente. O seu padriño de letras foi Otero Pedrayo.Deu recitais poéticos por toda España, varios en Galicia conxuntamente con Celso Emilio Ferreiro. Colaborou en diversas publicacións entre as que sinalamos: Revistas Hispano Americana (Norte), La Estafeta Literaria, Poesía Hispánica, Galicia en Madrid, Poesía Galicia, etc... En 1974 sae o seu segundo libro, "Viviendo en amor" (Ed. Agora) ó coidado de Concha Lagos. 1975.- Edita Caminos (El Arte Instituto del Libro, Madrid) en edición bilingüe galego -castelán. Colaboradora en Arxentina, México (Revista Norte), Canadá e outros países en revistas de primeira liña. Na publicación do seu cuarto libro, Elesmiel, 1989 (Ed. Torremozas), a súa segunda edición aparece en 1990. A crítica amósase unanimemente favorable. En 1992 publica ¿Se apagará esta luz? con prólogo do poeta Uña Juárez. En 1999, estrea un poemario Hombres para el milagro, dedicado á vila de Cedeira. Entre os seus inmediatos proxectos, figura un libro en prosa Y además de..." onde recolle as súas vivencias compartidas con catro figuras galegas: José Filgueira Valverde, Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Fraga Iribarne. Ademais, destacan os seus últimos libros Iris de Paz en mi brumoso cielo (colección de sonetos) e Huellas de amor para el camino, ambos en castelán. Tamén escribiu A fonte secreta (en galego), prologado por Filgueira Valverde.
En Madrid pertence á Sociedade Artística de Escritores, Ateneo, Academia Iberoamericana de Poesía (Capítulo de Madrid) e Asociación Prometeo de Poesía onde colabora. Foi invitada a le-lo pregón das festas patronais en Perlio - Fene e Piñeiros - Narón. No ano 2000, ingresou na Enxebre Orde da Vieira, sendo distinguida coa Vieira de Ouro como protagonista do ano en Poesía. A súa vida e a súa obra aparecen puntualmente recollidas na Enciclopedia Gallega. Os seus poemas aparecen recollidos en diversas antoloxías e a súa biografía nos máis importantes "Quen é quen". En 1996 participou no festival benéfico celebrado no Teatro Jofre de Ferrol, organizado polo grupo Chorima ó lado de ?Los tres solitarios?. A coral Virxe do Mar de Cedeira (A Coruña) gravou unha panxoliña con letra súa, ?O mar chegou a Belén?, musicado polo seu director José A. Suárez Aneiros.