Diego Barbeito Lima


Categoría: Deseñador de xoias
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

A súa formación céntrase no gravado artístico, engaste de xoias, deseño técnico e artístico de xoias, fabricación de xoias, repuxado sobre metais nobres e tipos de esmaltes.

 Obras realizadas

SEMINARIOS:
-Seminario sobre decoración e adornos con materiais alternativos, impartido por Paloma Canivet, na casa de América de Madrid (marzo de 2002).
-Exposición colectiva de xoiería Art-Istal (artistas detrás do metal), realizada na Casa da Xuventude, en colaboración co Concello de Vigo (decembro de 2002).
-Exposición colectiva de deseñadores españois da Feira Internacional de Xoiería de Alemaña (Inhorgenta) (febreiro de 2003).
-Exposición de xoiería na Galería Sargadelos de Pontevedra (abril de 2004).
-Curso de Taller de Deseño de xoias, dirixido por Joaquín Berao, na Fundación Universidade Rei Juan Carlos de Aranjuez (xullo de 2004).

PRENSA:
-Programa A REVISTA para a TVG (xaneiro de 2003).
-Xornal Faro de Vigo (febreiro de 2003).
-Entrevista persoal para GOLD&TIME (marzo de 2003).
- Xornal La Región (maio de 2003).
- Xornal Contraste (xuño de 2003).
-Colaboración nun desfile de xoias para a TVG, programa LUAR (maio de 2004).
- Xornal Diario de Pontevedra (abril de 2004).
- Xornal A Rúa (outubro de 2004).

 Outros datos de interese

A Diego sempre lle gustou sentirse útil coas súas mans, desde pequeno todo o montaba e desmontaba. Esa paixón por saber que coas mans podía facer algo máis ca escribir, guiouno cara ó mundo da xoiería e o deseño. A gran maioría dos seus traballos céntranse dependendo sempre dos lugares e paisaxes do seu entorno, por iso os materiais máis utilizados son o coral, o esmalte e os materiais alternativos.