Daniel Varela Piñeiro


Data de Nacemento: 12 de decembro de 1920 (†marzo de 2011)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

FORMACIÓN:
-Licenciado en Veterinaria.
-Xefe da sección de Veterinaria do Instituto Provincial de Hixiene de Lugo.
-Inspector Provincial de Sanidade Veterinaria de Lugo.
-Diplomado en Sanidade.
-Título de Oficial Sanitario.
-Director técnico sanitario de Frigoríficos Industriais de Galicia –FRIGSA.
-Profesor de varios cursos da obra de perfeccionamento sanitario de España –OPSE- para médicos, farmacéuticos e veterinarios.
-Interno como relator no Plan Nacional de Sanidade.
-Membro da American Genetic Association.
-Secretario do Ilustre Colexio de Veterinarios de Lugo durante 33 anos.
 
 
ACTIVIDADE LABORAL:
Traballou no laboratorio e parque central de Veterinaria Militar, no Instituto de Bioloxía Animal e na Sección de Virus e Vacina Antirabiólica e Servizo de Rabia da Escola Nacional de Sanidade. Nestes centros realizou varios cursos de bacterioloxía, virus e rickettsias, así como de análises bromatolóxicos. Así mesmo, visitou os máis importantes matadoiros, centrais leiteiras e frigoríficos de Europa para realizar estudos e memorias sobre os mesmos.
 
 
PENSIÓNS E AXUDAS Á INVESTIGACIÓN:
-Pensionado polo Padroado Alonso de Herrera, do Consello de Investigacións Científicas- para realizar estudos de Xenética e mellora da gandaría galega na Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra).
-O Consello Superior de Investigacións Científicas concedeulle en 1955 unha bolsa especial para completar os anteriores estudos.
-Formou parte do equipo veterinario de investigación, ao que lle foi outorgado en 1985 a bolsa de dous anos, concedida pola Fundación Alonso Martín Escudero, para o estudo da virose e parasitose do gando vacún galego.
 
 
CONGRESOS E REUNIÓNS CIENTÍFICAS:
-Asistiu e presentou comunicacións á Conferencia Internacional Veterinaria de Inspección de Carnes, celebrada en Lisboa en 1955.
-Asistiu ao I, II e III Congresos Internacional de Zootecnia.
-Asistiu á II, III, IV e V Reunións de Sanitarios Españois e na última comunicación presentou “Estado actual de los servicios sanitarios en las industrias de la alimentación, sugerencias para una organización más efectiva”.
-Estivo presente no XVI Congreso Mundial de Veterinaria, Madrid (1959). A colaboración titulada: “Una aportación al diagnóstico coprológico de la distonatosis hepática”.
-Asistiu á I, II e III Asemblea Xeral do Frío, así como relator no I Consello Económico Sindical de Lugo e como compoñente no II e III pleno de dito consello.
-Representou a España no III Simposium del L’ International Association of Veterinary Fool Higieniste, Niza (1962).
-Relator da III Semana Nacional Veterinaria, Symposium da Carne, III Relatorio “Tipificación y Comercio de la Carne”, Zaragoza (1962).
 
 
PUBLICACIÓNS:
-Monografía sobre Transportes Frigoríficos, publicada pola Asociación Veterinaria de Hixiene Bromatolóxica en 1953.
-Colaborou na publicación do traballo sobre o “Estudio  estadístico en el ganado vacuno en Galicia, de la distomatosis, hidatidosis e hipodeamosis; pérdidas económicas ocasionadas por estas parisotis”.
 
 
HISTORIAL POLÍTICO:
-Vogal nacional do Sindicato de Gandaría.
-Conselleiro sindical no I, II e III Plan Nacional de Desenvolvemento Económico-social.
-Vogal do Consello Económico Sindical de Galicia.
-Presidente en funcións da Cámara Oficial Sindical Agraria de Lugo.
-Vogal do Consello Técnico-administrativo do Instituto de Investigacións Xeolóxicas, Edafolóxicas e Agrobiolóxicas de Galicia, designado polo Consello Superior de Investigacións Científicas e a Universidade compostelá.
-Presidente da Xunta Provincial do Fomento Pecuario durante 17 anos.
-Deputado provincial durante 19 anos.
-Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo durante oito anos.
-Presidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Lugo durante 22 anos.
-Presidente do Consello Superior de Cámaras da Propiedade Urbana de Galicia.
-Presidente da Caixa Provincial de Aforros de Lugo.
-Medalla ao mérito no aforro, outorgada pola Confederación Española de Caixas de Aforro.
-Medallas de prata e bronce do Instituto Nacional de Industria.
-Cabaleiro da Orde de Cisneros ao Mérito Político.
-Comendador da Orde do Mérito Agrícola.
-Comendador con placa da Orde Civil de Sanidade.
-Varias condecoracións militares.