Cristina Pato


Categoría: Gaiteira e pianista
Data de Nacemento: En 1980
Lugar de Nacemento: Ourense
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

FORMACIÓN
. Titulación Superior de Música. Especialidade Piano. Conservatorio Superior de Música do Liceu de Barcelona (1999).
. Titulación Superior de Música. Especialidade Teoría da música, transporte e acompañamento. Conservatorio Superior de Música do Liceu de Barcelona (2001).
. Titulación Superior de Música. Especialidade Música de Cámara. Conservatorio Superior de Música do Liceu de Barcelona (2003).
. Máster en Artes Dixitais (Especialidade Música, Composición). Universidade Pompeu Fabra de Barcelona (2003).
. Doctor of Musical Arts (DMA). Especialidade “Collaborative Piano”. Mason Gross School of Arts, Rutgers University, EE.UU. Bolsa de estudos da Fundación Barrié de la Maza.

 Obras realizadas

Cristina ten unha activa vida profesional dedicada ó mundo da música popular galega, que a levou a grandes escenarios de España, Portugal, Reino Unido, Francia, Italia, Alemaña e México.
Ten colaborado en xiras internacionais de grupos como The Chieftains, Hevia, Vargas Blues Band, Real Banda de Gaitas, Orquestra Sinfónica de Galicia e Orquestra Sinfónica de Tenerife.
Toda esta actividade compaxínaa cos seus concertos de piano clásico en auditorios como o do prestigioso Festival Litsz de Río de Janeiro (Brasil), a Casa Elizalde de Barcelona ou o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.
Máis de 300 concertos ás súas costas, moitos deles gravados e emitidos por medios de comunicación como BBC, CNN ou TVE.

 Outros datos de interese

DISCOGRAFÍA
1990-1997. Coa Real Banda de Gaitas: “Gallaecia”, “Ano Santo”, “Adelita” e “Solistas da Real Banda”.
1997. “Has bailar!”. Mutenrohi. Zouma Records.
1998. “Mutenrohi CNR”. Arcade. Nominado ós Premios da Música, de la SGAE.
1999. “Cousas da Lúa”. Mutenrohi CNR. Arcade. Nominado ós Premios da Música (SGAE); “Naciones Celtas II” (recopilación). Fonofolk-Fonomusic e “Tolemia” Cristina Pato. Fonofolk-Fonomusic.
2000. “Naciones Celtas III” (recopilación). Fonofolk-Fonomusic.
2001. “Xilento” Cristina Pato. Fonofolk-Fonomusic. Warner, East-West. Nominado ós Premios da Música (SGAE).
2002. “Ansiedad” (DVD). Electroacustic Project.
2003. “Cantigas do mar”. Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. RTVE Música.
2004. “Gran Rapsodia de Aires Populares”. Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. RTVE Música.
2005. “RH: Hybris”. Música incidental para Monomono Teatro.