É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e traballa no teatro desde 1976 como actor e director. Participa en cursos de formación con Ryzard Cieslak, Etelvino Vázquez, Victor Rotelli, etc… Realizou un máster de especialización en Arte Dramático pola Universidade de Santiago. En 1989 funda o ‘Teatro do Morcego’ coa intención de profesionalizarse no teatro.
Coa súa compañía produce os seguintes espectáculos: ‘Momo’ (2002); ‘A Gran Ilusión’ (2002); ‘Os Vellos non deben de namorarse’ (2001); ‘Os Piratas-A Branca-Rosa (2000); ‘Morte accidental dun anarquista’ (1999); ‘O Lazariño de Tormes’ (1998), monólogo sobre o texto clásico, ‘A incrible vida de Héctor Loureiro’ e ‘Os patios da memoria’. Vai a Montevideo a traballar coa institución teatral ‘El Galpón’ e traballa baixo a dirección de Bernardo Galli. Con ‘A Vía Láctea’ (1993-94), espectáculo ‘Multimedia’, está máis dun ano en cartel e recorre diversas cidades con motivo do Xacobeo 93 (Pamplona, Madrid, Santiago, Lugo, etc...). Outras obras súas importantes son: ‘Macbeth’; ‘Misterio cómico’ (1991); ‘Rapsodia Pimenteliana’ (1990); ‘Kartoteka’ (1989); ‘Ubu rei’ (1988) e ‘Ácido Sulfúrico’ (1987).
Traballou nas seguintes obras do Centro Dramático Galego: ‘A Lagarada’, ‘A cacatúa verde’, ‘O Colaborador’ e ‘A comedia do gurgullo’. Participou en películas e series de televisión como ’Huidos’ de Sancho Gracia; ‘La lengua de las mariposas’ de José Luis Cuerda; ‘O lapis do carpinteiro’ de Antón Reixa; ‘Pratos Combinados’ (serie da TVG); ‘A Familia Pita’ (serie da TVG), ‘Mareas Vivas’ (serie da TVG); ‘Pequeno Hotel’ (serie para TVG) e ‘Rías Baixas’ (serie da TVG). Participa cos seus espectáculos en importantes festivais nacionais e internacionais: Festival de Teatro Grec de Barcelona; F.I.T.E.I (Porto), Brasil (Natal, Recife, Joao Pessoa), Bos Aires; Festival Internacional de Ribadavia (Arxentina), Intercéltico, Festival de Teatro de Cangas, Mostra Gallaecia, etc...
Conseguiu os seguintes premios e mencións: ‘Premio Compostela’ ó mellor actor e ‘Premio María Casares’ á mellor versión por ‘Lazariño de Tormes’. Con ‘Misterio Cómico’ consegue os premios ó mellor actor e ó mellor director para Julio Cardoso, nun dos espectáculos máis representados do teatro galego, superando amplamente as trescentas funcións, representando a Galicia en xiras por Brasil e Arxentina.
É tradutor de textos teatrais, relator en varias mesas redondas e debates sobre teatro, coautor do dicionario ‘Ir Indo’, programador teatral, etc…