Viviu na Coruña ata 2010, ano no que se trasladou a vivir ás Palmas de Gran Canaria. Comeza a súa andaina polo campo da pintura na adolescencia. Ós 14 anos comercializaba postais á acuarela e azulexos ó óleo. Tras estuda-lo bacharelato e Maxisterio, sacou as oposicións e exerceu o Maxisterio na Ensinanza Pública dende o ano 1963 ata a súa pre-xubilación voluntaria pola LOXSE. Tamén é diplomada en Belas Artes e licenciada en Filosofía e Pedagoxía. No ano 1961, o organismo competente Provincial do Ministerio de Educación, premia os seus debuxos didácticos referentes ó Ano Santo Mariano e con eles fai a súa primeira exposición na Coruña (no edificio ‘La Terraza’). O Ministerio de Educación e Ciencia outórgalle a especialidade didáctica en Debuxo e Plástica, que a autoriza a imparti-la docencia da especialidade. En 1970 cursa Belas Artes. En 1975 recibe clases do Académico e catedrático de Arte Tomás Barros, durante dous anos consecutivos. Neses anos afonda no impresionismo e expresionismo. Estuda técnicas de creatividade e expresión no ICE, Santiago de Compostela, durante tres anos consecutivos e en 1990 obtén o primeiro premio en Contos Infantís Ilustrados na Coruña. En 1995 ilustra a portada do libro ‘Carmen, Carmiña, Carmela’. Na actualidade traballa con diferentes técnicas: óleos, acrílicos e tintas. Colabora co encargado de Cultura do Sporting Club Casino, o recoñecido pintor internacional D. Gerardo Porto.
ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-1995: Exposición permanente no Hábitat de Pilar Páramo (A Coruña).
-1996: Canarias. C. G. e Casino da Coruña.
-1997: Sala (Tarragona) e Barcelona. C. G.
-1998: Museo Municipal de Berga e Sala (Cadaqués).
-1999: Vinoteca (A Coruña) e Sala (Tarragona).
-2000: Casino da Coruña e Sala (Viveiro).
-2001: Centro UNESCO, Porto (Portugal) e Galería (A Coruña).
-2002. Asociación de Artistas (A Coruña) e Sporting Club da Coruña.
-2003. Sala de Arte da Librería Lello, Porto (Portugal) e exposición en Salas Magestic (Portugal).
-2004: Exposicións itinerantes polo territorio portugués.
-Certame en Alacante.
-Minicadros na Unión Europea.
-Galería Düsseldorf.
-Bibliotheque Salle Arte (París).
-Exposición retrospectiva en varias cidades.
-Galería de ARte Pablo Ruiz (Málaga).
-Galería Bahía (Brasil).
-Ten presenza nas Feiras de Arte de Holanda e Bélxica.
-Real Club Náutico das Palmas de Gran Canaria, Sala Néstor.
A súa obra figura en:
Canarias: As Palmas de Gran Canaria.
Cataluña: Barcelona C.G.- Tarrasa, Sala.- Berga, Concello, Museo e coleccións particulares.
Galicia: A Coruña: Sporting Club; Vinoteca ‘O Carro’ e coleccións particulares.
Portugal: Porto: Centro UNESCO; Cámara Municipal; Biblioteca Municipal; Fondo de Arte do Dr. Mario Cruz de la Rocha; Fundación Eng. Antonio de Almeida e coleccións particulares.
Porto Rico: San Juan de Porto Rico: Casa de España e coleccións particulares.
Málaga: Galería de Arte Pablo Ruiz.
Brasil: coleccións particulares.
Actualmente limita as súas exposicións a Galicia, Portugal, Cataluña e ás Illas Canarias.