Carlos Nuevo Cal


Categoría: Profesor, historiador e conferenciante
Data de Nacemento: En 1958
Lugar de Nacemento: Viveiro (Lugo)
 Currículum

Desde moi novo traballou no movemento cultural, sendo vicepresidente da Asociación Cultural “Sementeira” de Viveiro durante os últimos anos da década dos 70. Foi presidente da “Asociación de Defensa da Ría” na década dos 80. Na actualidade preside o “Seminario de Estudos Terra de Viveiro”, desde a súa constitución en 1996, sendo, igualmente, membro fundador da “Asociación de Amigos do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos”. Coordinador e fundador da revista informativa-cultural “Viveiro en Vivo (1988-89)”, participou na emisión do programa radiofónico: “Vellas Sombras. Novos Cantos” e dirixiu o programa cultural de Ser-Mariña “Retallos da Terra”, durante o período 1995-96, nestes nos tamén foi habitual tertuliano das mañás de Radio Voz-Lugo. Pertence ó consello de redacción da revista galega de política e pensamento “Enclave-E.N”.

 Obras realizadas

Publicou artigos en Heraldo de Viveiro, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Progreso, Lucensia, na revista “Tempos Novos”, así como nos desaparecidos Diario 16, Badal e Beiramar, entre outros. Publicou as seguintes obras: Os conquistadores modernos. Movemento obreiro na Galicia de Anteguerra, (VV.AA), A Nosa Terra, 1992, Catálogo de Cruceiros e Cruces da Terra de Viveiro, (VV.AA). SET de Viveiro, 1996, Homenaxes a Lois Tobío. Madrid, 13 xullo de 2001, (VV.AA), Edicións do Castro, 2001 e O Primeiro Antón Villar Ponte. (XVII premio literario Ánxel Fole), en colaboración con Emilio Xosé Insua López. É tamén o autor doutros traballos como Antes e despois da Guerra en Viveiro, Especial de A Nosa Terra: O 36 en Galicia,(1986), A pesca no distrito marítimo de Viveiro (1883-1912), Viveiro, 1986, Apuntes para unha historia da fotografía en Viveiro (1890-1909), Viveiro, 1992, A xénese do complexo industrial de Barro-Chavín (1896-1909), Lucensia, 1994, Orixes das feiras francas na bisbarra de Viveiro: A Feira das Maulas de Galdo, Viveiro, 2002, Os dous anos de Maruja Mallo no Viveiro señorial de 1902, Voz de Galicia, A Mariña, Outubro, 2002, Cecilio Bedia Caballería: un militar exemplar, Heraldo de Viveiro (13-6-2003- 25-7-03). Foi prologuista dos libros Viveiro. Memoria fotográfica de medio século, de Remigio Mestre. SETV, 1999, Anécdotas e personaxes dun Viveiro que se foi, de José Nistal López. SETV, 2000, Homenaxe a Viveiro. Homenage to Viveiro, de María Donapetry Camacho. Concello de Viveiro, 2003 e O Vicedo e a súa xente, de José Manuel Moreno Moreno. Servicio de Publicacións Deputación Provincial de Lugo, 2003. Relatorios: “Leiras Pulpeiro e Noriega Varela” (Congreso Manuel Leiras Pulpeiro e o seu Tempo, Mondoñedo, 1998), “A pesca en Viveiro. Auxe e decadencia da industria salazoneira, 1850-1912” (Pesca e Historia. Xuntanza Internacional de historia económica e social do sector pesqueiro, USC, 1999), “A emigración viveiresa en Cuba e no Plata” (Congreso da USC sobre A emigración ultramarina dende a cornisa cantábrica, 1850-1950. Cervo, 2002) e “Ramón Villar Ponte e o galeguismo en Viveiro(1917-1936)” (Congreso Ramón Vilar Ponte (1890-1953), Facultade de Humanidades, Lugo, 2003, USC).

 Outros datos de interese

Foi finalista e accesit do 7º Premio Ánxel Fole (1993), polo traballo: O primeiro Noriega Varela, os anos de formación (1869-1911); gañador, xunto con Emilio Insua López, do 17 Premio Literario Ánxel Fole, polo traballo conxunto:”O primeiro Antón Villar Ponte”, Lugo, 2003; pregoeiro das Festas de Entroido de Viveiro, 1988, pregoeiro das Festas Patronais e de Verán, Viveiro, 1988 e pregoeiro das Festas de Nadal, Viveiro, 2003.