Carlos Almuíña Díaz


Categoría: Arquitecto
Data de Nacemento: 18 de febreiro de 1946
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Profesor de debuxo técnico, é autor dun libro de texto para o COU sobre esta materia (Vigo, 1996). Ocupou diversos cargos directivos no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e ata maio de 2007 foi presidente da súa Delegación en Santiago (1999-2007).

 Obras realizadas

En equipo con Rafael Baltar Tojo e José Antonio Bartolomé Argüelles realizou os edificios dos Xulgados de Santiago, Vigo e Mondoñedo, o pavillón polideportivo do Colexio Peleteiro en Santiago e diversos proxectos de intervención no patrimonio arquitectónico histórico, como actuacións na Catedral de Santiago, no mosteiro de San Martiño Pinario, no antigo mosteiro de Carboeiro. Tamén son da autoría deste equipo as rehabilitacións dos teatros Principal de Santiago e da Beneficencia de Ortigueira e a reconstrucción do Salón Teatro de Santiago. Sobre temas da súa especialidade colaborou na Gran Enciclopedia Gallega, en A Nosa Terra e nas revistas de arquitectura Jano e Obradoiro.