Estudiou Debuxo e Música na Escola de Artes Aplicadas e Oficios de Santiago. Tamén traballou como xornalista no Diario de Santiago e na radio compostelá antes de facerse profesor e rematar Maxisterio. Despois de exercer en Cee, foi trasladado á Escola de Orientación Marítima en 1941.
Compuxo pezas musicais de carácter relixioso e recolleu outras cantigas populares. Durante vinte anos foi alcalde pedáneo de Celeiro.