De formación autodidacta, rebelde cos plantexamentos docentes e crítico co desenvolvemento sociopolítico da época, é un apaixonado polo tratamento de espazos, arquitectura, deseño e creatividade plástica (pintura, escultura, obra gráfica, ilustración, escenografía), á que consagra a maior parte da súa vida. Foi director da Casa da Cultura de Cangas, secretario do consello reitor do Centro Social ‘Casa da Bola’, membro do ‘Padroado Municipal do Patrimonio Histórico Artístico e Documental de Cangas’, membro do Consello Local de Saúde, cofundador e membro de diversos colectivos cívicos, culturais e artísticos da comarca , membro fundador do Colectivo Galaico-Luso GALUART -GRUPO 13- (Colectivo Internacional de Artistas Plásticos e Visuais), membro do Grupo de Arte GRUPO TRES, membro do Grupo de Arte Galego-Arxentino RAÍCES, membro de honor de ‘Le Cercle des Artistes Peintres et Esculpteurs du Quèbec’, membro do ‘Círculo de Amigos del Arte’, membro da Asociación Galega de Artistas Plásticos e Visuais (AGAV), fundador e gran mestre da ‘Serenísima Orde dos Cabaleiros da Pedra Moura’, xurado e comisario de diversas exposicións de certames nacionais e internacionais, entre outros.
Ademais de crear un nutrido número de obras nas máis diversas linguaxes da expresión plástica, especialmente pinturas, esculturas e deseños, publica varios artigos centrados na crítica e comentarios da arte, así como relatos relacionados coa historia local e Galicia Máxica. Ilustra diversos libros, sendo os últimos: ‘Palabras que hablan’, publicación do poeta madrileño Rafael Mayor e ‘Os Canteiros e os Reloxos de Sol’, do investigador belga Jozef Van Linthoudt, ambos así mesmo prologados por el. Colabora na rodaxe documental ‘La Generación del 98’, coprotagonizando o personaxe de Don Manuel María del Valle Inclán, baixo a dirección de Xosé Alexandre Cribeiro.
EXPOSICIÓNS:
1990.- Sala de arte de Caixavigo (Vigo).
1992.- Galería Altamira (Pontevedra) e Sala Provincial de Arte Caixa (Pontevedra).
1993.- Retrospectiva organizada pola Excma. Deputación de Pontevedra no Castelo de Soutomaior: ‘Camaño Xestido. Vintecinco anos de Pintura, Paixón e Escultura’.
1994.- Pazo de Congresos e Exposicións. Fundación Semana Verde (Berlín - Alemaña) e Galería 23 e 12 e salas de arte do Centro Provincial das Belas Artes e Deseño da cidade da Habana (Cuba).
1996. - Instituto Cervantes (Lisboa - Portugal) e Casa de Iberoamérica (Holguín - Cuba).
1997. - Cámara de Río de Janeiro (Brasil) e Pazo Pedro Ernesto (Brasil)
1998. - ‘La Tentation’, Casa de Galicia (Bruxelas - Bélxica).
1999.- Abadía de Santiaguiño o Peregrino (Pontevedra) e Palace Galería, Viseu (Portugal).
2000.- Galería Atelier Alambique. Río Vide (Portugal); Galería A Outra Margem. Coimbra (Portugal); Casa Galega da Cultura (Vigo); Castelo de Soutomaior. Soutomaior (Pontevedra); GÓISARTE 2000, Góis (Portugal); Paços do Concelho. Montemor o Vello (Potugal); Barlovento/Sotavento, Exposición Galicia-Cuba, (Cangas); ‘Catorce pinceis’-Mostra Internacional, Galería Hera, (Porriño); ‘Raíces’ Exposición Galicia-Arxentina, Galería Amalia Domínguez Búa (Bueu); Teatro Molière, (Lyon, Francia) e Universidade de Aveiro (Portugal).
2001.- Museo de Sintra (Portugal); Galería de Arte Dorian (Vigo); Mostra de Arte Sacra, Casa da Bola, (Cangas, Pontevedra); ‘Carballart 01- 5 propostas plásticas para o Orcellón’, Carballiño (Ourense); GÖISARTE 2001 (Portugal); Encontro-obradoiro /Galuart. Le Circle des Artistes de Québec; ‘5 propostas plásticas’ (Bueu); Salon Internationale d'Automne à Montréal (Canada); ‘16 Propostas Plásticas Galegas’, Homenaxe a Oliveira, Galería Hera (Porriño).
2002.- ‘Arquitecturas’ Alliance Française de Vigo (50 aniversario de la fundación).
Hai obras súas expostas en Galicia, Cuba, Brasil, Estados Unidos, Bruxelas, Romanía, Suíza, Portugal, Francia e Alemaña.
Hai referencia á súa vida e obra nos seguintes libros: Gran Enciclopedia Galega; Encontros (A Golada), Xunta de Galicia; ‘Camaño Xestido: 25 anos de pintura, paixón e escultura’ Deputación de Pontevedra (1993); ‘Camaño Xestido: Serie negra afroamericana’. Deputación de Pontevedra (1995); ‘Raíces’ Colección Galaico-Arxentina, Catálogo da Deputación, Xunta, Concello de Bueu; ‘Galuart-Grupo 13’, Catálogo da Deputación de Pontevedra (2000); ‘Galuart’, Catálogo da Fundaçao Joao de Magalhaes. Universidade de Aveiro (2000); ‘Galuart’, Catálogo da Cámara Municipal de Montemor o Velho (2000); ‘5 propostas plásticas para O Orcellón’, Concello do Carballiño (2001); ‘O trazo aberto’ (Deputación de Pontevedra, 2002); Livre d'art sur les pensées d'artistes (Canadá, 2002); Cangas na Historia; Historia Fotográfica de Cangas, século XX (Deputación de Pontevedra); Guías Culturais. Artistas de Galicia (Xunta de Galicia); Lembrando a Dalí (Deputación da Coruña, 2004) e ‘Palabras que hablan’.
Foi galardoado cos seguintes premios: Medalla conmemorativa ‘La Flora de Marianao’ ó labor artístico-cultural (Cuba 1994); Premio deseño FECIMO (agosto 2000); Distinción da cámara municipal de Río de Janeiro polo seu labor artístico-cultural e función social; 2001 Distinción da Assembléia Legislativa do Estado de Río de Janeiro (Brasil), pola ‘internacionalidade e expresión da súa obra plástica, artística e social; Mèdalle d´Or no Salón Internacional d´Automne de Montrèal’ (2001); 18 ème Grant Concourse Annuel Canada, 2001 e Trophèe Ville de Montreal 2001. Instituíu en 1989 o ‘Premio ó Labor Cultural e Investigación Luces na Mangallona’, evento cultural que se celebra na Casa Museo A Mangallona cada noite de San Xoán e onde se distingue a persoas, entidades ou colectivos polo seu labor en beneficio da cultura e da investigación.
Páxina web: www.geocities.com/mangallona/