
CurrículumAínda que naceu en Carballo, o seu pai trasladouse a Cambados (Pontevedra), onde transcorreu parte da súa nenez. Aquí fixo un importante labor social en favor dos mariñeiros. En 1869 iniciou o Bacharelato en Santiago e pouco despois licenciouse en Dereito. En 1885 cesa do seu cargo como secretario xeral da Universidade de Santiago.En 1887 obtivo a cátedra de Dereito Natural da Universidade de Oviedo. En 1883 ingresa no Colexio de Avogados de Santiago, dándose de baixa en 1889. Posteriormente deuse de alta de novo.
Obras realizadasA faceta periodística de Alfredo Brañas queda reflectida na súa colaboración con diversas publicacións periódicas como El Eco de Santiago, La Gaceta de Galicia, El País Gallego o La Patria Gallega nas que plasmaría interesantes aspectos do seu pensamento e teoría rexionalista.Tamén cómpre destaca-la súa producción poética. Tanto en galego como en castelán, foron moitos os poemas que escribiu obtendo varios premios en diferentes certames. Destacan Borradores de versos e La Eternidad, publicados en 1881, Lamento (1880), ¡Lembranza!, dedicado a Rosalía de Castro, Brindis a Maruxiña e Aire gallego.Desenvolveu unha intensa actividade como líder social e político en favor do desenvolvemento e progreso dos seus ideais políticos. Destaca unha conferencia que pronunciou en marzo de 1896 titulada Necesidad de la reorganización gremial tratando de probar como o fracaso na orde económica se debe á falta de espírito cristián entre os traballadores.A súa teoría rexionalista recóllese en revistas e periódicos como El Regionalismo, Estudios sociológico, histórico y literario. O seu pensamento e acción política tivo un gran impacto en Cataluña. Brañas seguiu a evolución do rexionalismo en Cataluña intentando instaurar en Galicia documentos e escritos como Las Bases generales del Regionalismo y su aplicación a Galicia, inspiradas nas Bases de Manresa e outros documentos.