Mestre pola Escola Normal de Lugo, con estudos de Xeografía e Historia. Nunca exerceu o maxisterio e desde 1971 no eido da xuventude. A partir de 1978, dirixiu a Casa da Xuventude de Ourense.
Promoveu e coordinou numerosas actividades como:
. Outono Fotográfico,
. Xornadas de Banda Deseñada de Ourense,
. Bienal da Caricatura e
. Premio Ourense de Contos.
Ten recibido numerosas distincións polo seu labor, a última, a Curuxa de Honra de 2003, outorgada polo Museo do Humor de Fene.
Participou en numerosas asociacións culturais, preferentemente da cidade das Burgas, onde foi socio fundador da Agrupación Fotográfica Ourensán e do Club Cultural Alexandre Bóveda. Foi socio da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas. Foi membro da Comisión Técnica de Acción Cultural, do Consello da Cultura Galega.