Benito Dionisio Moxón Domínguez


Categoría: Médico, profesor e escritor
Data de Nacemento: 9 de outubro de 1732
Lugar de Nacemento: Villarejo de Fuentes (Cuenca)
 Currículum

Fillo de Benito Moxón, nacido en Montederramo (Ourense) e Ana Domínguez, foi irmán coadxutor da Compañía de Xesús no colexio de Villarejo de Fuentes, sendo expulsado por decreto de Carlos III e o Papa Clemente XIV. Aquel suceso como todo exilio ou expulsión supuxo un calvario para as 34 casas e colexios da Compañía, das que seis estaban en Galicia. Benito Dionisio Moxón tiña coñecementos de Medicina e Farmacoloxía, o que lle serviu para exercer o cargo de farmacéutico no Colexio de Alcalá, no mesmo Colegio que estudou San Ignacio de Loyola, despois residiu en Italia e foi agregado como profesor de Química á Universidade de Xénova. En 1806 doutorouse na Facultade de Medicina de Xénova; visitou despois París, Montpellier, algunhas cidades de Inglaterra, Berlín e Viena. En 1832 estableceuse en París, onde soubo captar a estimación dos médicos daquela capital. É inventor dun método para a extracción da placenta en casos de hemorraxia perigosa.

 Obras realizadas

Publicou unha obra titulada "Pharmacopoen Manuali Reformata" (Xénova, 1784). Ademais, escribiu "Leggi Fisiologiche" (Xénova 1800), "Mémoire Sur I`Utilité de la Musique" (París, 1803) e "Mémoire sur les effets de la castración sur les Corps Humain" (Montpellier, 1804).