Cursa Maxisterio en Santiago e é nomeado auxiliar da Normal. En 1908 chega a Bos Aires e exerce de mestre en Mendoza. É un dos fundadores da Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais. Ó proclamarse a II República é enviado a España e ocupa a praza de mestre en Tomiño. En 1936 é elixido deputado pola Federación Agraria por Pontevedra. Ó iniciarse o alzamento intérnase nos montes disposto a resistir e adopta a nome de "Afranio de Amaral". Tras múltiples peripecias consegue a documentación para pasar a Portugal (1938), embarcándose logo para Arxentina (1939), onde exercerá de comisionista de comercio e interésase na resistencia á dictadura de Franco. Formou parte do "Consello de Galiza", primeiro como secretario e logo, á morte de Castelao, como presidente (posto que ocupou ata a súa morte).
É autor dos seguintes libros: Amor, arte y misticismo; Nidia; O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte; Co pensamento na patria galega; Da Saudade e A cultura galega na súa dimensión.