Arturo Casas


 Currículum

Estudos universitarios de Matemáticas (1975-1978) e Filoloxía (1978-1983). Profesor de Ensino Medio entre 1983 e 1988. Doutor en Filoloxía Hispánica e profesor titular de Teoría da literatura e Literatura comparada na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor invitado da Université de Bourgogne e da City University of New York. Conferenciante en distintas universidades europeas e americanas.
A traxectoria académica das súas publicacións figura nunha web persoal da USC. Os campos fundamentais atendidos como investigador son, entre outros, a obra de Rafael Dieste e os seus núcleos de acción cultural e política, o pensamento estético-literario contemporáneo, a teoría do poema, a intervención e o acto críticos, os estudos sistémicos, a metodoloxía da Historia literaria e a poesía do século XX, con especial atención á galega nos períodos 1916-1936 e 1976 en adiante.
Nos anos noventa publicou tres libros de poemas: “Sombra de unidade” (1990), “Pedra de Nadir” (1995) e “Momentum. Circungrafía” (1997). De 2001 é o encarte “Dereito Natural”. É autor dunha breve obra aforística aparecida en diversos medios e tamén dalgún relato. Colaborou en traducións de poesía estonia, irlandesa e italiana.

 Obras realizadas

OBRAS DO AUTOR
“A descrición na obra narrativa de Carvalho Calero”.
“A semente aquecida da palabra”.
“Bibliografía sistemática de Teoría literaria”.
“Comentarios de textos populares e de masas”.
“Crítica Literaria”.
“Dereito Natural”.
“Futurario 2011 (Aforismos neopoéticos in modo antico)”.
“Momentum. Circungrafía”.
“Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (obra colectiva)”.
“Pedra de Nadir”.
“Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego”.
“Sombra de unidade. Elexía e canon”.
“Ultimidades poéticas”.