Procedente do colexio de Brión, foi trasladado ó de Cesures. Sumido nunha profunda tristeza trala morte do seu fillo de doce anos, deixou de dar clase e convencérono para que fose alcalde de Pontecesures, cargo que ocupou desde o 12 de maio de 1928 ó 26 de febreiro de 1930. Posteriormente foi nomeado secretario do Tribunal de Oposicións de Maxisterio da provincia de Pontevedra. Uniuse ó partido socialista e participou na propaganda da Fronte Popular do seu pobo, o que supuxo o seu ingreso en prisión cando empezou o Movemento. Un antigo alumno seu conseguiu sacalo do cárcere e marchou a Bos Aires.