Estudiou Dereito na Universidade de Santiago e desempeñou a avogacía na súa cidade natal, en Madrid e en Uruguai a partir de 1873, onde desempeñou os cargos de fiscal e xuíz de primeira instancia.
Colaborou na revista xurídica "Foro Nacional" e publicou os seguintes libros: Explicaciones históricas elementales del Derecho Romano (Madrid, 1858) e Historia filosófica de la francmasonería (Montevideo, 1876). Tamén escribiu as seguintes monografías: Exposición histórico-filosófico-legal del matrimonio, Origen y Real Patrimonio de la Santa Custodia de Jerusalén, De la complicidad en los delitos, Del apremio temporal o prisión por deudas, Del domicilio en España, Del delito de bigamia, etc.