Antonio Prado Rodríguez


Pseudónimo:Toño Prado
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1940
Lugar de Nacemento: San Clodio, Ribas de Sil (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Mestre nacional excedente, desenvolveu a súa actividade profesional noutra Administración do Estado, e na súa xuventude foi seleccionado para o "I Curso de Artes Plásticas en Madrid".

 Obras realizadas

Traballou co pintor lucense Luis G. Pacios, que foi o seu mestre, falecido hai anos, e que pertencía ó grupo "Os Urogallos", constituído por varios pintores de recoñecida fama como Blas Lourés, Tino Prados, López Guntín...
Na actualidade é membro da xunta directiva da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses.
Fixo exposicións individuais en Valença do Minho (Portugal) en 1982; en 1988 no Concello de Baiona e no 2007, na Galería Amararte de Lugo.
Tamén participou en varias exposicións colectivas en Lugo en 1968, 1970, 1998, 1999, 2002, 2004, 2005 e 2006, no Círculo das Artes, Edificio Administrativo da Xunta, Sala Almirante e Galería Amararte.

 Outros datos de interese

Formou parte dos grupos de teatro afeccionados, nos que, aparte de facer algúns papeis, participou na elaboración de decorados. Fixo cursiños de debuxo e delineación.