Vidal Payo Fernández


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 1914
Lugar de Nacemento: Alemparte - Lalín
 Currículum

Autodidacta, desde os trece anos comeza a traballa-lo granito dos montes de Alemparte e Pedroso. Ós dezaoito anos xa tiña a súa cuadrilla de canteiros. A súa obra caracterízase pola forza expresiva con influencia do románico Galego. Di Antón Castro: "Ten un tradicional traballo primitivista e radicalmente galego, en canto ó proceso estético, de Vidal Payo, enérxico na concepción de formas que evocan a sabedoría expresionista dos mellores canteiros, aqueles que souberon dotar de sensibilidade e gusto ós seus proxectos, tal como nos deixa ver nesas mulleres laxeirianas de granito". A súa obra atópase espallada por toda Galicia, Madrid, Canarias, Andalucía, Baleares, Cataluña, Asturias..., por Europa, en Italia, Francia e Alemaña, e por América, en Venezuela e Arxentina. Dividimos a súa obra en sete grandes grupos: Os cruceiros, as figuras relixiosas, as figuras profanas e os nus, as fontes, os escudos, as construccións e as figuras móbiles.

 Obras realizadas

CRUCEIROS: Rodeiro (1951) - Madrid (1968) - Ourense (1960) - Vilanova de Arousa (1983) - Burela (1988) - Alto do Faro (1994) - Complexo 2000 (Lalín - 1994)... FIGURAS RELIXIOSAS: Sagrado Corazón (Lalín-1956) (Oviedo-1957) - Peregrina (Cambados-1957) Virxe do Carme (Moneixas-Lalín-1982) - Peregrina e Apóstolo (Lugo-1983) - San Antón (A Coruña-1985) - Divina Pastora (Lalín-1992)... FIGURAS PROFANAS E NUS: Nu colección Requejo (1985), Nus gregos (Vigo-1985), O Cura das Abellas (Chantada-1984), Afiador (Alemaña-1959), Carallás (Arxentina-1978), Ferreiro (Fundación "A Solaina" -1984), Leiteira (A Coruña - 1972), Maternidades (Ourense-1963, 1973 - A Coruña-1981 - Lalín-1986)... FONTES: Ferrol (1962, 1986), Santiago (1964), Vigo (1965), Lalín (1970), A Coruña (1978)... ESCUDOS: Santiago (1969), Rodeiro (1982), Lugo (1987), Pontevedra (1987), Lalín (1998)... CONSTRUCCIÓNS: Destaca a ampliación da Igrexa de Lalín, as naves laterais, sacristía, campanario...

 Outros datos de interese

- Recibiu 22 Diplomas de Honra. - Primeira Medalla no Certame Ano Santo Compostelán 1971. - Medalla na Feira da Casa de Campo de Madrid e na Exposición de Artesanía de Santiago 1972. - Felicitación de Honra en Palma de Mallorca 1975. - No Palacio de Cristal en Madrid "ARTESÁN DISTINGUIDO" 1972