Antonio Pereiro Liñares


Data de Nacemento: 8 de abril de1950
Lugar de Nacemento: Tordoia (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudou bacharelato no Instituto Masculino da Coruña e realizou os seguintes cursos: “Financiación Comunitaria” (Deputación da Coruña), “Curso Básico de Lingua Galega” (Política Lingüística, Xunta de Galicia), “Seminarios de formación” (Fundación Cánovas del Castillo), “Jornadas Cinegéticas,” (Consellería de Agricultura – Xunta), “Aplicación Informática de Secretaría” (Deputación Provincial), “Aplicación Informática do Padrón” (Deputación Provincial), “Negociar Hoxe” (Deputación Provincial), “Xornadas de estudio sobre a Lei 53/99, de modificación da Lei de contratos e a súa repercusión na Admón. Local” (Deputación Provincial) e “Curso sobre procedemento administrativo” (Escola Galega de Admón. Pública).

 Obras realizadas

1968: Ingresa por oposición como auxiliar administrativo do Concello de Tordoia.
1982: Pasa a Administrativo da Administración Xeral do mesmo Concello.
1999: Pasa á situación de excedencia especial por ter sido elixido Alcalde.
1983 a 1995: Presidente de Xunta Local de Alianza Popular en Tordoia e vocal comarcal na Xunta Provincial do Partido Popular.
1995: Cabeza de lista ás eleccións locais, por unha lista independente, obtendo cinco concelleiros.
1999: Cabeza de lista ás eleccións locais, polo Partido Popular, obtendo dez concelleiros, dende as que exerce como Alcalde do Concello de Tordoia.
1980-84: Vocal da APA do Colexio Público de Tordoia.
1984 ata hoxe: Presidente da Sociedade de Cazadores de Tordoia.
1999 ata hoxe: Vocal da Federación Galega de Caza.