Ángeles de la Iglesia Daviña


Categoría: Empresaria
Data de Nacemento: 4 de novembro de 1938
Lugar de Nacemento: Gondomar (Pontevedra)
Teléfono: 981216071
Fax: 981216425
 Currículum

En 1955, con dezasete años, comeza a súa traxectoria empresarial no sector da Hostalería. En 1959, é designada Presidenta do Grupo de Masas Fritas. En 1971 fúndase a Asociación Española de Mulleres Empresarias, da que é nomeada vicepresidenta. En 1973 é nomeada presidenta da asociación. En 1983 rexístranse os novos estatutos e pasa a denominarse Asociación de Empresarias da Coruña. A partir deste ano créanse as distintas asociacións provinciais en Galicia e posteriormente a Federación de Empresarias de Galicia. En 1991 é elixida membro do comité executivo da C.E.C., cargo que segue ostentando en representación da Asociación de Empresarias da Coruña. En 1999, é nomeada presidenta da Federación de Empresarias.

 Outros datos de interese

Actualmente continúa como presidenta da Asociación de Empresarias da Coruña e a Federación de Empresarias de Galicia.