Ángel Antonio Luaces Teijido


Pseudónimo:Antón Luaces
Categoría: Radiofonista
Data de Nacemento: 25 de maio de 1943
Lugar de Nacemento: Cariño (A Coruña)

Opinión
 Currículum

Estudios de Maxisterio, Filosofía e Letras e Belas Artes. Comezo en Radio Riveira, para pasar a Radio Xuventude de Galicia. Xefe de informativos de Radiocadena Española en Galicia. Director de Radiocadena Española en Galicia. Xefe de Informativos e Programas de Radio Nacional de España en Galicia. Director Territorial de Radio Nacional de España en Galicia.

 Obras realizadas

Colaborador dos xornais "El Correo Gallego", "El Ideal Gallego", "La Voz de Galicia" e "Atlántico Diario". Presidente do Club de Opinión "Foro Cívico" e membro da xunta directiva do Colexio de Xornalistas de Galicia. Director do programa "Españoles en la Mar", de Radio Exterior de España. Conferencias e mesas redondas sobre distintos temas, especialmente referidos ás comunicacións e ó mar. Presentador de distintos festivais de música. Director e presentador de distintos programas nacionais como Pasión por América, Hombres en Ruta, Costa Norte, etc...

 Outros datos de interese

-Premio Galicia de Comunicación en 1995. -Coruñés do ano 1985. -Accésit do Premio Bergantiños de Poesía. -Premio da Casa Galicia de Barakaldo de narracións curtas. -"Vieira de Prata" ó programa de máis audiencia realizado en España. -Premio de Salvamento Marítimo de Galicia. -Membro de Honra da Asociación de Radiotelegrafistas Españois. -Placas de honra de Axomaga, Concello de Cariño, Concello de Carballo, Cruz Vermella de Bergantiños, AETINAPE. -Membro de honra da Escola "Sementeira" de Cambre, de música e baile de Galicia; insignia de prata da Asociación IAR de música e baile galegos.