Andrés Torres Queiruga


Categoría: Filósofo e escritor
Data de Nacemento: En 1940
Lugar de Nacemento: Aguiño - Ribeira (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doutor en Filosofía e Teoloxía, é Profesor de Filosofía da Relixión na Universidade de Santiago. É membro da Real Academia Galega desde 1980, membro do Consello da Cultura Galega, director de "Encrucillada. Revista Galega de Pensamento Cristián" e membro dos consellos de redacción de "Iglesia Viva", "Sal Terrae", “Revista Portuguesa de Filosofia” e “Concilium”. Conseguiu o Premio da Crítica de Ensaio en 1977 e 1985, o Premio de Investigación Losada Diéguez en 1996 e o Premio Trasalba (Otero Pedraio) no ano 2003. Ademais, foi nomeado “galego egrexio” en 1994.

 Obras realizadas

Estas son as súas publicacións máis importantes: Recupera-la salvación, ed. SEPT, Vigo, 1977, (Trad. cast.: Recuperar la salvación, 2ª ed. Sal Terrae, Santander 1995), Constitución y Evolución del Dogma. La teoría de Amor Ruibal y su aportación, ed. Marova, Madrid, 1977, A revelación de Deus na realización do home, ed. Galaxia, Vigo 1985 (Trad. castelá, La revelación de Dios en la realización del hombre, ed. Cristiandad, Madrid 1987; Trad. italiana: La rivelazione di Dio nella realizzazione dell'uomo, Ed. Borla, Roma 1991; Trad. Ó alemán, Peter Lang e trad. ó portugués, Sâo Paulo, en curso), Creo en Deus Pai. O Deus de Xesús e a autonomía humana, ed. SEPT, Vigo 1986 (Trad. cast.: Creo en Dios Padre: el Dios de Jesús, como afirmación plena del hombre, ed. Sal Terrae, Santander 1986; trad. ó italiano, Piemme, Casale Monferrrato 1994; trad. ó portugués, ed. Paulinas, Sâo Paulo 1993), Noción, religación trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri, ed. Barrié de la Maza.-Real Academia Galega, A Coruña, 1990, La constitución moderna de la razón religiosa. Prolegómenos a una Filosofía de la Religión, Verbo Divino, Estella, 1992, ¿Qué queremos decir cuando decimos “infierno”?, Sal Terrae, Santander, 1995, Repensar la Cristología. Ensayos hacia un nuevo paradigma, Verbo Divino, Estella, 1996, Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora, SEPT, Vigo 1996. (Trad. castelá: Recuperar la creación. Por una religión humanizadora, Sal Terrae, Santander, 1997), El problema de Dios en la Modernidad, Verbo Divino, Estella, 1998, Do Terror de Isaac ó Abbá de Xesús, SEPT, Vigo, 1999 (Trad. Cast., Verbo Divino, Estella 1999), Fin del cristianismo premoderno, Sal Terrae, Santander, 2001 (Trad. portuguesa: Fim do cristianismo pré-moderno. Desafios para um novo horizonte, Ed. Paulus, São Paulo, 2003), Repensar a resurrección. A diferencia cristiá na continuidade das relixións e da cultura, Ed. SEPT, Vigo, 2002 (Trad. cast.: Repensar la resurrección. La diferencia cristiana en la continuidad de las religiones y la cultura, Ed. Trotta, Madrid, 2003), Para unha filosofía da saudade, Fundación Otero Pedraio, Trasalba-Ourense, 2003. Ademais, colaborou en varias obras colectivas e publicou numerosos artigos en diversas revistas.