Amando Losada Losada


Data de Nacemento: 27 de maio de 1936
Lugar de Nacemento: Vilaesteva (O Saviñao)
 Currículum

Estudou Bacharelato no Colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos, e a carreira de Dereito en Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

Oposita ó Corpo Nacional de Secretarios de Concello e presta servizo en propiedade en Láncara, Begonte, Pol, O Vicedo e Sarria, e, como acumulados, en Becerreá, Palas de Rei, Guntín de Pallares, Portomarín, O Incio, Samos e Viveiro.
No ano 1988 foi nomeado Delegado da Consellería da Presidencia en Lugo, mentres o Goberno tripartito estivo vixente.
Asumiu a presidencia da Asemblea Local da Cruz Vermella de Sarria durante moitos anos.
Membro fundador da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo.
Membro fundador da Asociación Foro Rural Galego.

 Outros datos de interese

No ano 2006, foi pregoeiro das festas de San Xoán en Sarria, e no ano 2007 da IX Feira Degustación de Tenreira Galega en Láncara.