Dámaso Calvo Moreiras


Categoría: Avogado e escritor
Data de Nacemento: 19 de agosto de 1880 ( † 29 de marzo de 1954)
Lugar de Nacemento: Celanova (Ourense)
 Currículum

Dámaso Calvo Moreiras foi o primeiro dos fillos do avogado e notario José Antonio Calvo e da súa esposa Rita Moreiras. Naceu en Celanova o 19 de agosto de 1880, onde tamén realizaría os seus estudos en réxime de internado no mosteiro de San Salvador, rexido polos monxes escolapios, ata que finalizou o bacharelato. Alí coincidiu co que máis adiante sería un dos seus amigos máis fraternais, o conde de San Martín de Quiroga e padre de Elena, a famosa escritora da novela ganadora do premio Nadal Viento del Norte, que ambientou en Ortigueira e escribira durante unhas das súas estancias na casa da irmá de Dámaso, Segunda.

 

Dámaso foi o único dos dez fillos do matrimonio que non naceu na nova residencia ortegana. De todos eles, só lograron sobrevivir sete, pois tres morreran prematuramente O seu asentamento na vila produciuse durante os seus anos de xuventude, aínda que nunca foi un estraño para as xentes do pobo debido a que adoptaba pasar bastantes tempadas na casa dos seus pais, principalmente durante as vacacións escolares. Pronto se sentiu como un máis dos seus mozos, integrándose con facilidade nos diferentes grupos do pobo grazas ao seu excelente trato e a magníficas dotes para as relacións sociais. De feito, nun dos seus artigos, “El paisaje ortigueirés”, refire a súa sintonía co seu pobo de acollida dicindo “poderemos admirar, eloxiando ardorosamente o que miramos fóra do propio solar; pero a angustia tráxica que nos axita ao contemplar a terra onde nacemos, iso non saberíamos expresalo, porque afecta a raíces emocionais de moi difícil concreción”, sempre se sentiu ortegano de corazón e de condición facendo bo o vello refrán popular de que un é de onde pace non de onde nace.

 

De todos modos, os seus estudos impedíronlle fixar durante os seus anos subvenís o seu emprazamento habitual nas terras da comarca do Ortegal. As súas amplas capacidades para seguir formándose fixeron que a súa familia o estimulase a prolongar a súa educación na dirección da profesión do seu pai. Non obstante, o centro elidido para el non será no seu caso a facultade santiaguesa de Dereito senón o Colexio de Estudos Superiores María Cristina, de Еl Escorial, que daquela rexían os padres agustinos. Este mesmo colexio elitista será a institución educativa e residencial que acolla aos seus irmáns Cesáreo e Luciano, e onde todos eles terán a oportunidade de entrar en contacto con outros compañeiros que máis tarde chegarán a ser figuras relevantes en diferentes ámbitos da España do seu tempo, como foron os casos de Manuel Azaña, o grañés e deputado José Soto Reguera, o diplomático Francisco Agramonte y Cortijo, Pedro Martínez de Irujo……entre outros moitos.

 

Ao rematar a carreira, doutorouse na Universidade Central, de Madrid, conseguindo o seu título en Leis еn 1902. Аo ano seguinte, con tan só 23 anos, foi elixido deputado provincial pola circunscrición Fеrrоl-Ortigueira, na que chegou a obter un amplo refrendo popular, con 11.961 votos, que lle permitirán optar ao posto de vicepresidente da institución.

 

Para o desempeño do seu novo cargo, debeu trasladar o seu domicilio á Согuñа, onde compaxinará as súas funcións de representación pública co exercicio privado da avogacía, especializándose en demandas xudiciais de carácter civil e penal. Ao pouco tempo da súa chegada á cidade herculina, contraerá matrimonio con Rosario Peña Díaz, da que será un das súas testemuñas Ramón Armada Teijeiro. Desta unión nacerá o seu fillo Leopoldo. Dous anos máis tarde, regresou a Ortigueira para levar a dirección do xornal familiar Еl Есо Ortegano. Esta cabecera ya tivera unha primeira etapa da man doutro personaxe ortigueirés ilustre, Federico Maciñeira. A súa segunda etapa iniciarase en febreiro 1905, con Dámaso á fronte, que durante os seguintes oito anos facerá un gran labor. Ao mesmo tempo que se entregaba ao proxecto xornalístico, poñíase á fronte do acreditado Casino Ortegano. Ambos postos serán para el complementarios, xa que mentres un lle serve de foro de debate sobre a política e demais temas sociais, o outro actuará como medio de comunicación das súas ideas ao corpo social da zona.

 

A última edición de El Eco sairá á rúa no mes de novembro de 1913, tras o falecemento da súa nai. Pero a finalización do seu periplo como director non suporá, nin moito menos, un distanciamiento do mundo da información e da opinión escrita, senón que, pola contra, permitiralle dispoñer de máis tempo para realizar outras tarefas dentro deste campo. De feito, ese mesmo ano entrará a formar parte, xunto co seu pai, do consello de goberno e administración de La Voz de Galicia, ao optar a súa familia a formar parte do accionariado desta empresa editorial.

 

Nesa mesma época, empezou a escribir máis asiduamente en diversos medios de comunicación, tanto de información xeral como especializados en temas xurídicos. Entre os primeiros, deixou impresas as súas ideas en La Voz de Galicia, onde dispoñía dunha columna encabezada co ilustrativo título de “Trabajos y días”, pero tamén en Faro de Vigo, daquela dirixido polo seu amigo Francisco Leal Ínsua, EI Ideal Gallego, El Рuеblo Gallego, Vida Gallega, El Есо de Santiago, Alfar, Finisterre, La Noche, Hoja del Lunes, El Рuеblо Vasco, Acción Española, El Noroeste e no seu substituto Еl Orzán, que dirixía o seu compañeiro de fatigas José Pan de Soraluce. Nestas dúas últimas publicacións formará parte das súas redaccións como comentarista dа vida literaria dа éроса e de aspectos históricos relacionados coa do século XIX, do que era un verdadeiro especialista. Alí coincidirá cos irmáns Camba, Freire de Andrade e Barbeito Herrera, e incluso, con algúns de eles, como J. López Sors, Julio Wonenburger, Rafael Hervada e Manuel Puga y Parga (Picadillo), fundará a Editorial Gallega, da que será membro do seu consello de administración.

 

Os seus reflexivos artigos tiñan sempre apuntes históricos ou biográficos prueba das súas amplas lecturas e da súa culta sabedoría. Apaixonáballe o estudo sobre todo da historia contemporánea, as revolucións do século XIX, o destronamiento de Isabel II, o reinado de Amadeo de Saboya, a I República e a Restauración Borbónica. Sobre todos os feitos acaecidos durante esa época podía estar disertando durante bastante tempo cunha notable precisión e amenidade, de tal modo que os seus oíntes case podían discernir as imaxes trazadas polas súas palabras, téndoo por un personaxe máis dos sucesos que relataba. Na súa casa de Ortigueira posuía unha amplísima biblioteca formada por moitos libros excepcionais, como unha magnífica edición das obras completas do padre Feijoo. Alí adoitaba pasar moitos dos momentos de descanso na vila durante as súas vacacións estivais.

 

O seu gran xuízo crítico tanto sobre a vida como sobre a arte era moi estimado polos seus colegas que acodían a el cuando necesitaban ser aconsellados, a tal punto que un dos seus máis íntimos e solícitos amigos, o conde de Borrajeiros, chegou a dicir trala súa morte que “deixa un baleiro, imposible de encher”. Dámaso, ademais de ser un entrenado politólogo e sociólogo, podía tratar tamén de forma moi ilustrada sobre temas filosóficos, pictóricos ou literarios, nos que no só profundizaba nos seus artigos senón que os sacaba a colación nas conversas das súas tertulias cos seus compañeiros e amigos. Fiel seguidor das doutrinas conservadoras, escribiu algúns artigos sobre Jaime Balmes e Amor Ruibal.

 

A súa oratoria era á vez fluída e ponderada, chegando algún dos seus oíntes a manter que “era brillante, enérxica, razonada e sentida” polo que adoitaba ser bastante habitual que o seu auditorio quedase influido e, incluso, magnetizado polas súas argumentacións.

 

Entre as publicacións especializadas que tiveron acceso aos seus meditados artigos pódense nomear Foro Gallego, a revista xurídica rexentada por Francisco Jiménez de Llano, que, no seu día, lle solicitara a súa colaboración “polo seu altruismo e cariño cara a todo o que poida sirnificar estudo e divulgación do Dereito” e de cuxo paso por ela, posteriormente, escribiría o que fora presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, Manuel Iglesias Corral “reputóuselle coma un dos colaboradores máis distinguidos desa importante publicación”.

 

Dámaso Calvo, como o seu pai, era un monárquico convencido e consecuente e así llo demostrou, primeiro ao rei Alfonso XIII, e, trala súa morte, ao seu fillo e potencial sucesor, Juan de Borbón, a quen visitou en numerosas ocasións no seu domicilio de Villa Giralda en Estoril (Portugal). Pola súa parte, o conde de Barcelona sempre lle expresou o seu agradecemento pola súa lealdade cara a súa persoa e á institución que representaba nas cartas que se cruzaban.

 

Ao principio da súa carreira política, Dámaso Calvo foi un fiel correlixionario do editor e político Juan Fеrnándеz Latorre e, en consecuencia, o seu perfil público posicionouno dentro da órbita liberal, pero, trala morte do líder coruñés en 1912, o ortegano uniu a súa actividade representativa á de Antonio Маurа e Juan Bautista Armada y Losada, o mаrqués de Figueroa, que xa estivera como ministro de Gracia e Xustiza (1907-1902) no “goberno longo de Maura”. A súa nova alineación fará que se decante pouco a pouco por unha opción cada vez máis conservadora. Dentro desta nova tendencia verase acompañado por algúns dos seus socios de El Noroeste e por antigos amigos dos seus estudos universitarios, como foron Antonio Maura fillo ou Agustín de Figueroa y Alonso-Martínez, marqués de Santo Floro.

 

En 1931 Calvo Moreiras presentouse ás eleccións a deputado a Cortes pola Unión Monárquica Nacional, o partido presidido por Rafael Benjumea y Burín, conde de Guadalorce e exministro de Obras Públicas de Primo de Rivera. A súa candidatura polo distrito de Ortigueira concitou o apoio dalgúns dos alcaldes de finais dos anos vinte como Ramón de la Peña, Gonzalo Prieto, Adolfo Teijeiro, José María Peña e Ramón Freire de Landoy, pero tamén doutras autoridades e particulares como o subdelegado do partido xudicial, o médico Luis Catá e Manuel Cabarcos Mirad, entre outros membros relevantes do partido tradicionalista.

 

A pesar de todos os esforzos e das múltiples adhesións á súa aspiración, Dámaso non alcanzou o necesario 5% do censo co que poder optar á obtención da correspondente acta do congreso. Na carta que dirixira aos electores do distrito, Calvo mostraba a súa intención de limitar a súa petición do voto “aos habitantes dos núcleos urbanos” debido ao seu desexo de “non molestar ao corpo electoral, excesivamente diseminado polas nosas aldeas”. Por iso, só concorreu nos colexios de Ortigueira, Cariño, Feás, O Barqueiro, Cedeira e As Pontes.

 

Esta restrición, a bo seguro, incidiu nos seus pobres resultados finais, pero non foi a única causa, pois naquelas primeiras eleccións democráticas, a emisión do voto a favor do candidato preferido polo elector debía de ser expresado por este de forma oral ante a mesa, o que podería dar lugar a que se puidera obrar un pucheirazo á hora dos recontos. As votacións destas primeiras eleccións que darían lugar á instauración da II República foron celebradas na mañá do xoves 19 de febreiro de 1931.

 

Xa en 1936, volverá presentarse ás eleccións. Nesta ocasión farao como candidato do distrito ortegano de Renovación Española cuxo líder indiscutible en Galicia era José Calvo Sotelo, a quen durante a súa xira preelectoral pola rexión acompañou José Antonio Primo de Rivera. Este partido de tendencia maurista e definido polos seus seguidores como monárquico e defensor do legado de Alfonso XIII, obtivo un exiguo número de deputados entre os que tampouco foi elixido nesta ocasión Dámaso Calvo. Unha vez iniciada a contenda española, o ortegano foi nomeado comisario de guerra para a formación e o recrutamento dos voluntarios galegos con destino ao Batallón Calvo Sotelo. Máis tarte, concretamente o 16 de febreiro de 1942, Francisco Moreno y de Herrera, marqués da Eliseda, pediulle que “por ser persona significada, adicta a la Familia Real, Cultura Española de acuerdo con la Diputación de la Grandeza, obedeciendo expresas indicaciones de Roma, le ruega que poniéndose de acuerdo con otras personas de significación, organice los sufragios por don Alfonso XIII en la ciudad de la Coruña con la mayor solemnidad posible”.

 

A súa vida de posguerra centrouna, prioritariamente, na actividade profesional que mantiña no bufete que abrira na Coruña e en seguir escribindo nos diferentes medios xornalísticos que así llo pedían.

 

Ademais, grazas á súa facilidade para a oratoria tamén foi reclamado en diversas ocasións para impartir conferencias e intervir en amenas tertulias, nas que era moi aprezado tanto polos seus autorizados puntos de vista como polas aportacións que facía de datos e comentarios sobre calquera tema. Como conferenciante, disertou, por exemplo, sobre O sentimento da paisaxe natal na obra de Emilia Pardo Bazán, na celebración do 105 aniversario da fundación de La Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. Ás súas tertulias referirase nunha carta José Losada de la Torre, o director de ABC, recordándolle “nuestras conversaciones en el café Regina donde tanto brillaba usted por su estraordinaria (sic) cultura e ingenio”. Da mesma forma, o escritor e xornalista Alberto Insúa aludía nunha dedicatoria que lle asinou dun exemplar da súa obra “Los días mejores”, “A Dámaso Calvo, en memoria de nuestros paseos por la carretera de Santa Marta, que, invariablemente, terminaban en cierta tienda de bebidas, donde tomábamos champagne (con el mismo gesto despreocupado que habríamos tenido al beberlo en un restarant de noche de Montmartre), contemplando por la ventana abierta las altas ramas de los castaños del cercano soto… En memoria de nuestras divagaciones, de los instantes de silencio y de tedio y como pacto escrito –sin solemnidades- de una buena amistad.”

 

Por outra parte, Otero Pedrayo animouno a presentar a súa candidatura á Real Academia Galega, á vez que lle indicaba que “tengo comprometido mi voto con Mtez. Risco, Iglesias Vilarelle y Ferro Couselo. Hay bastantes vacantes y creo que se irán anunciando paulatinamente. Y tendré mucho gusto en votarle”. O xeógrafo ourensán advertíalle de que “si Vd. no reside en Galicia solo puede ser correspondiente. Tendría mucho gusto en presentar a Vd. como tal en la primera sesión”. Ao final o seu ingreso non se concretou ao perder a votación por unha diferencia de cinco votos. En particular, o seu amigo e conveciño Julio Dávila facilitoulle un dos votos mediante a súa nominación por delegación, a través dunha carta certificada que lle fixo chegar ao presidente da institución desde a súa residencia madrileña. Tras recibir os resultados da elección, Dávila escribiulle para alientarle a que “en nueva ocasión, si Ud. insiste en su deseo de acompañarnos, recuerde mi ofrecimiento porque estimo que Ud tiene sobrados méritos literarios y sociales para ello, y seré más previsor”.

 

Tamén lle manifestaron o seu apoio Aquilino Iglesias Alvariño, o deán da catedral de Santiago de Compostela, Salustiano Portela Pazos, Xosé Filgueira Valverde, Ramón María Aller Ulloa, José Posada Curros, Antonio Couceiro Freijomil, Paulino Pedret, Antonio Rey Soto, Fermín Bouza Brey e Manuel Vázquez Seijas. Un dos seus votantes subliñáballe, tralo coñecemento do veredicto, que “creo firmemente que se reparará el grave pecado cometido con sus auténticos merecimientos y destacadísima personalidad en fecha próxima. Que sea así es mi mayor deseo”.

 

Mantivo unha estreita amizade co conde de Barcelona. Para don Juan, Dámaso era un dos seus referentes e un contacto ao que lle podía pedir calquera tipo de información sobre o devir de España e as adhesións que aínda mantiña a súa causa como herdeiro do legado histórico da dinastía e esperanza na Monarquía, reconciliadora, parlamentaria e de futuro de todos os españois. Proba de todo iso son algunhas das respostas á súa correspondencia nas que se recollen as súas mostras de afecto persoal. Nunha das cartas redactadas polo secretario persoal de don Juan, exprésase nos seguintes termos: “Su Majestad el Rey me encarga le haga saber ha leído su carta en fecha recibida hace algunos días, que le ha interesado grandemente. El Augusto Señor se verá muy complacido de recibir cuantas noticias e informes crea Vd. Puedan interesarle, y al mismo tiempo le haga cuantas sugerencias estime Vd. oportunas”. Noutra coméntalle “la gran satisfacción al ver que los arraigados sentimientos de ese trozo de España, no desmayan hasta conseguir el éxito que todos esperamos”.

 

Gran amigo dos seus amigos, conservou moitas das importantes amizades que foi callando ao longo da súa vida, entre as que caben destacarse as de Jacobo Fitz-James Stuart y Falcó, XVII duque de Alba; do escritor Wenceslao Fernández Flórez, con quen mantivo moitas charlas e cruzou unha intensa correspondencia. Nunha desas cartas do escritor coruñés agradécelle “el encargo de ocuparse en mi obra, en la conferencia que ha de pronunciar en la Exposición de Fernández Sánchez. No sólo es usted uno de los críticos más capacitados y penetrantes y de más copiosas y buenas lecturas, sino que es ya larga la lista de atenciones que le debo, en cuantos casos me dedicó V. la atención de su pluma”. Non se agota aquí a lista de personalidades coas que intercambiou relación postal. Nunha misiva, o xornalista Francisco Camba brindáballe a seguinte anotación: “A Dámaso Calvo con todo cariño y con toda la sincera admiración que hacia su talento tiene Francisco Camba”. A novelista Elena Quiroga, trala publicación da súa novela “Viento del Norte”, ambientada en Ortigueira, escribiulle un apunte no que lle comentaba que “no sabes hasta que punto me ha satisfecho y agradezco tu comentario sobre mi novela”; o poeta José María Pemán agradeceulle “sus cariñosas líneas de enhorabuena por mi discurso en la Real Academia” e o escritor, xornalista, dramaturgo e director de cine español, Agustín de Figueroa, dirixíase a el como como “mi distinguido amigo” ao que lle manifestaba o seu “profundo agradecimiento por el admirable artículo que me ha enviado”.

 

Menéndez Pidal dille que “es siempre para mí motivo de satisfacción (sic) el afecto que me dedica mi ciudad natal [A Coruña] y quiero con estas líneas dar a usted las gracias por su recuerdo”. Non menos importante foi a súa amizade co gran escritor da xeración do 98 Ramón María del Valle Inclán, quen tralo seu posible abandono do fogar conxugal e a súa instalación no madrileño Hotel Regina, escríbelle a seguinte carta o 8 de novembro de 1938. Nela alude á visita que Dámaso realizara había pouco a Madrid, dicíndolle: “¿Qué es de su vida que en todo este tiempo no lo he visto? Si supiera donde hallarle le hubiera buscado, ya que usted se olvidó de venir por Regina. Déjese ver para que sigamos el agradable cambio de impresiones iniciado la otra tarde”. Ese ano tampouco foi moi grato para o avogado ortigueirés xa que perdera a súa muller Rosario Peña o 20 de maio.

 

Cando o autor de “Luces de Bohemia” volveu a Pobra do Caramiñal, este volveu deixar de novo constancia da amizade que o unía con Dámaso a través de varias cartas. Ramón non era a súa única amizade en terras barbanzás xa que tamén contaba entre os seus grandes amigos a varios membros da familia pobrense dos Díaz de Rábago, especialmente a Andrés, quen, ao parecer, puido ser o que puxo en contacto ao político co escritor.

 

A súa empatía fíxoo gozar dunha gran sintonía con moitas das persoas que ocupaban postos nas altas esferas das sociedades económicas e representativas do seu tempo. Así, foi chamado para ser membro do directorio que presidiría a asemblea popular coruñesa co fin de establecer a creación do Banco da Coruña (1917), para integrarse na entidade altruísta Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1924) a petición do seu presidente o catedrático de Historia Xeral do Dereito da Universidade de Santiago José Rivero de Aguilar ou para ocupar a presidencia da Sociedade de Bibliófilos Españoles (1928).

 

Tamén ocupou varios postos nalgunhas das xuntas directivas do Colexio de Avogados da Coruña, e incluso, foi o seu vicedecano a mediados da década dos corenta e con Blanco-Rajoy chegou a representar á institución na Deputación provincial no ano 1930. Foi nomeado presidente honorario da Sociedade Recreativa e Instrución El Progreso de San Claudio en xaneiro de 1913; vogal da delegación territorial do Congreso Nacional de Dereito Civil de Zaragoza (1946); membro da Comisión de Xuristas para o Estudo e Ordenación das Institucións de Dereito Foral (1948).

 

Tras regresar a Madrid, despois de pasar unha breve estancia en Salamanca, en compañía dos seus sobriños Lourdes Calvo Iscar e Juan Ortiz de Urbina Mirat, falecerá o 29 de marzo de 1954, de forma inesperada, na casa da súa irmá Segunda, a onde acudía a pasar longas tempadas á capital de España. No seu testamento encarecía aos seus herdeiros que os seus restos fosen conducidos ao camposanto de Ortigueira onde desexaba descansar xunto á súa esposa.

 

Nas homenaxes que posteriormente lle dedicaron os seus coñecidos en distintos medios impresos, resaltaron sobre todo a súa “sólida formación jurídica, su vocación por la Justicia –de la que era un ferviente paladín, su admiración por los funcionarios judiciales y su respeto hacia los compañeros de profesión”, así como o feito de que “con su muerte desaparece un caballero ejemplar, un patriota insigne y un virtuoso ciudadano. Ha sido fiel a su ideario político, demostrando una lealtad que ni se enfrió, ni mucho menos claudicó”. Manuel Roldán escribiu en El Puebo Gallego un artigo necrolóxico no que o definía pola súa bondade, estimando que “si es verdad que las almas se forjan un poco en los paisajes, Santa Marta de Ortigueira había metido el suyo en el alma de don Dámaso Calvo. Hombre que se regocijaba con el triunfo de sus amigos, en el que no tuvo nunca cabida la envidia, tan frecuente entre los hombres de letras […] tenía humildad franciscana y saber erudito”.