Infancia e xuventude en Agolada (Pontevedra). Estudios de Historia, Xornalismo e Pedagoxía. Exerce como profesor de Instituto en Pontevedra. Colaborador en varios xornais e revistas galegas. Fixo tamén radio e actualmente dirixe e coordina un programa en directo na televisión do Morrazo. Poeta, narrador, ensaísta e autor de teatro. Fundou e dirixiu o grupo de teatro independente "Ancoradouro" e o "Teatro casa da bola", en Cangas. Está a traballar no terceiro volume de ensaio antropolóxico "Os vellos oficios" e dando remate á súa terceira novela.
POESÍA: 1971: Gándaras. 1975: Terra e pan. 1977: O espertar tamén é noso. 1984: Ofidios de diario. 1989: Na vertical da Noite (Premio cidade de Ourense). 1989: No corazón mancado (Premio Esquío). 1996: Rotación violeta, Banzados (inédito). Poemas seus foron traducidos en Macedonia e Euskadi. NARRATIVA: De ida e volta (relatos); Lume de Biqueira (Novela), Quen faga voar (Novela); A entrega (relato) e Mar de bronce (novela). ENSAIO: Os vellos oficios, A tribo sabe. TEATRO: Teatro do Patacón. A sombra da memoria, finalista de “Rafael Dieste” (1999). LITERATURA INFANTIL: A fraga encantada (teatro infantil), A folla seca (Sotelo Blanco, colección Bolboreta nº 1, 2002), Sala de espera (teatro escolar), colección A Pinguela, 2002. A peza de teatro Asubío, Fina e Petra eran xente moi lareta será publicada en breve.
PREMIOS DE POESÍA: 2001: "Uxío Novoneyra" polo libro Banzados, publicado en Espiral Mayor. 1989: "Esquío". 1989: "Cidade de Ourense". 1982: "Pondal" Finalista en: 1982: "Reconquista". 1980: "Xustas literarias galegas". PREMIOS DE NARRATIVA: 2007: Premio Risco de Creación Literaria. 2001: "Torrente Ballester" pola súa novela A memoria do boi, editada por Xerais. Con esta novela conseguiu tamén o Premio da Crítica Española no ano 2002 e figura na colección Biblioteca 120 de La Voz de Galicia (2002). 2000: "Carvalho Calero". 1997: "Pedrón de Ouro" (2º). PREMIOS DE TEATRO: 1982: "O Facho". 1999: "Finalista do Rafael Dieste".