Xosé Manuel Rivas Troitiño


Categoría: Xornalista, escritor e profesor
Data de Nacemento: 1949
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

-Xornalista, escritor e profesor de Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. -Doutor en Ciencias da Información. -Licenciado en Filosofía e Letras -Xornalista da Axencia EFE en Galicia dende 1979 ata 1985, onde creou as EFEMÉRIDES GALEGAS e, no comezo da Autonomía, difundiu unha ENQUISA SOBRE O GALEGO. Ten unha serie de catorce entrevistas -publicadas consecutivamente por tódolos xornais galegos- con García Sabell, Ramón Piñeiro, Antonio Fraguas, Xosé Ramón Barreiro, P. Calo, Carlos Baliñas...

 Obras realizadas

-Desde 1985 traballa na central de EFE en Madrid, onde foi correspondente de interior e é xefe da sección de Norteamérica e Caribe na Redacción Internacional. LIBROS: -O gaiteiro de Soutelo. Unha expresión da cultura popular. A Coruña, 1977 (en proceso de reedición polo Concello de Forcarei). -Diego Antonio de Zernadas y Castro, un precursor del Galleguismo. Santiago de Compostela, Porto y Compañía, 1978. -Conversas con Xosé Luis Barreiro Rivas. Santiago de Compostela, SEPT, 1983. -Desinformación y Terrorismo: Análisis de las conversaciones entre el Gobierno y ETA en Argel (enero-abril 1989) en tres diarios de Madrid. Madrid, editorial de la UCM, Colección Tesis Doctorales). -Prólogo a la Antología Poética de Maximino Castiñeiras, Santiago, 1982. ARTIGOS: Publicou artigos en Triunfo, Cuadernos para el Diálogo, Informaciones, e na maior parte dos xornais de Galicia. Sobre asuntos científicos, publicou entre outros os seguintes artigos: -'Información bajo sospecha. Mensaje y Medios', novembro 1989. -'La verdad no vive aquí. Mensaje y Medios', febreiro 1990. - 'Las fuentes de información sobre terrorismo. Estudios sobre el mensaje periodístico', 1994 - 'Desinformación. Revisión de su significado. Del engaño a la falta de rigor. Estudios sobre el mensaje periodístico', 1995. -'Diego Antonio Zernadas, un periodista gallego en el siglo XVIII. Estudios sobre el mensaje periodístico', 1998. -'Géneros periodísticos en las agencias de prensa. Estudios sobre el mensaje periodístico', 1999. -'Los últimos días del periodismo romántico. Estudios sobre el mensaje periodístico', 2000. CONFERENCIAS: Pronunciou conferencias na Univ. Rice (Houston, EE. UU.) e no Ateneo de Madrid.

 Outros datos de interese

Foi pregoeiro da I Festa da Richada (Forcarei, 1976) e da V Festa do Gaiteiro (Soutelo de Montes, 1984), así como no Centenario do Gaiteiro de Soutelo (1999). Para o 2002 desexa conseguir que a Real Academia Galega dedique o Día das Letras Galegas a Diego Antonio Zernadas, o Cura de Fruíme, no terceiro Centenario do seu nacemento, porque coida que é inxusto o esquecemento dun galego excepcional, precursor do Galeguismo, que defendeu a Galicia e ós galegos cando tiñamos unha pésima imaxe no século XVIII, que cultivou o idioma galego e escribiu obras importantes, recollidas en sete tomos despois da súa morte polos seus agradecidos paisanos.