É arquitecto superior e especialista en restauración de monumentos. Foi secretario xeral do Partido Galeguista e do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista. Portavoz do BNG no concello de Ourense, Xosé Henrique Rodríguez Peña foi conselleiro de Pesca da Xunta durante o goberno tripartito (PSOE-PNG-CG). Membro da Permanente do BNG, chegou ó Parlamento de Galicia na segunda lexislatura, abandonando posteriormente o seu cargo de deputado ata a cuarta lexislatura na que regresou ó Parlamento, sendo reelixido desde entón como deputado polo BNG.