Xosé Anxo Rodríguez Carballal


Categoría: Profesor
Data de Nacemento: 2 de marzo de 1961
Lugar de Nacemento: Barakaldo (Biscaia)
 Currículum

Profesor de Ensino Secundario.

Estudou o bacharelato no Instituto de Barakaldo e, en 1984, se licenciou en Filosofía e Letras, Sección Xeografía e Historia, rama de Historia na Universidade de Deusto

Aos poucos traballa como becario durante 6 meses no Museo de Belas Artes de Bilbao e tamén tivo outros traballos como celador e condutor no Hospital de Bilbao en Basurto.

En 1991, logrou a oposición de historia en Galicia e traballou como profesor de Historia en Lugo, Mondoñedo, Sarria e, de novo, en Lugo no IES Lucus Augusti.

Neste instituto, chegou a ser catedrático de Historia en 2020 e foi un membro do equipo que puxo en marcha o Museo, Arquivo e Biblioteca Histórica do IES Lucus Augusti, o máis antigo de Galiza. Tamén foi o creador da páxina Patrimonio Histórico do Lucus (patrimonio.ieslucus.gal), onde se dá a coñecer parte deste patrimonio a través da rede.

No 2015, comezou a colaborar coa Wikipedia en galego (Galipedia) e dende setembro de 2020, é un dos seus administradores.