Naceu en Madrid, fillo de galegos que acababan de chegar alí. Estudiou nun colexio relixioso e comezou unha enxeñería, que logo abandonou. En 1976 establécese cerca da Coruña. Despois licénciase en Socioloxía. Aprendeu galego -de libro- en Madrid. Desde 1982 é profesor de Lingua e Literatura Galega en Ensinanza Media. Actualmente vive nas Mariñas.
Publicou o seu primeiro libro cando aínda vivía en Madrid. Realizou diversas publicacións, todas elas no campo narrativo: Relatos (Os inmortais, O Fotógrafo, Calendario, Informe Bestiario,...), novelas (Homes de ningures, A Semancia, A ponliña irlandesa, Salvador de Occidente, Por tras dos meus ollos) e algunha que outra publicación de divulgación (Os partidos políticos na Galiza e Vinicius de Morais).
É seguidor fanático do grupo "Les Luthiers", da Música Popular Brasileira, de Miklós Rózsa, de Aram Ghachaturian e da arqueoloxía musical.