Xesús Torres Regueiro


Pseudónimo:Baraxeiro
Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 8 de decembro de 1957
Lugar de Nacemento: Betanzos

Opinión
 Currículum

Diplomado na Escola de Formación do Profesorado da Coruña en 1978. Mestre por oposición desde 1979, na actualidade traballa no ensino primario. Traballou no asociacionismo cultural de base na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e na desaparecida Asociación Cultural Betanceira (cofundador e presidente). En 1992 promove a fundación en Betanzos da Asociación Cultural Eira Vella que preside ata 1999 (na actualidade é vicepresidente), entidade que desenvolve unha importante actividade. Coordina A Xanela, Revista Cultural das Mariñas, editada por esta asociación semestralmente.

 Obras realizadas

Colabora desde hai anos no periódico semanal "A Nosa Terra", e teno feito noutras publicacións asociativas e locais. Desde 1983 ven publicando asiduamente no "Anuario Brigantino" diversos traballos e monografías sobre a historia e personaxes locais: prensa e xornalistas, a Irmandade da Fala de Betanzos, movemento obreiro e agrario, o humorista Manuel Roel, o Gaiteiro Rilo...
É autor dos seguintes libros: "Xoán Vicente Viqueira e o nacionalismo galego" (Edicións do Castro, 1987). "Alcumes recollidos en Betanzos" (en colaboración con Xulio Cuns, Concello de Betanzos, 1989).
Colaborou nos libros colectivos: "Homenaxe a Xosé Mª Díaz Castro (Asociación Cultural Xermolos, 1987). "Os Conquistadores Modernos. Movemento obreiro na Galicia de anteguerra" (Ed. A Nosa Terra, 1992). "Pregoeiro da luz. Homenaxe literario a Alfonso Blanco Torrado" (1993).
Coordinou e recompilou: "Betanzos na voz dos poetas" (Concello de Betanzos, 1994).