Emilio Baños Santos


Data de Nacemento: 10 de febreiro de 1924 (†21 de xaneiro de 2007)
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Emilio Baños foi unha institución no sector cinematográfico galego, con máis de cincuenta anos dedicado á comercialización de películas. Afeccionado ó cine desde moi neno, a morte de seu pai fíxoo incorporarse ós nove anos ó mundo laboral. Repartiu e vendeu xornais, traballou de pinche nunha barbería, limpiou zapatos, traballou nunha chapistería, nunha panadería, vendeu churros… Ós 15 anos vendeu caramelos nos cines Royalty e Rosalía de Castro. Isaac Fraga, empresario cinematografico que sería decisivo na súa vida, empregouno no García Barbón, onde era botóns, repartía programas, pegaba carteis, e chegou a ser figurante en varias representacións teatrais.
Foi axudante de cabina no Tamberlick, sendo recoñecido en 1941 como Operador Cinematografíco, pola Dirección General de Seguridad. Casou en 1945 con Ana María Marquez. O seu fillo Emilio é o seu continuador no mundo da distribución, ó que se incorporou en 1966.

 Obras realizadas

Baños Films comeza a súa actividade en 1953, como representante dalgunhas películas cedidas por Arturo, irmán de Cesáreo González. Como productor, interveu en ‘¿Dónde vas, Alfonso XII’; como importador, ‘Sissi’ e ‘Sissi emperatriz’. Foi manager de Estrellita Castro, Carlos Acuña ou Xan das Bolas. Foi tamén actor ocasional, e axudante de operador do No-Do en Galicia.
Crea Atlántico Films, distribúe Pelimex en Galicia, participa na productora Cesar Films, e na fundación de Unión Films con empresarios de toda España, e logo U Films. Entra no mundo do video.
Apoiou decididamente a distribución de cine galego a escala nacional, especialmente o de Chano Piñeiro.

 Outros datos de interese

En 1987, a ‘Hermandad de la Mutua del Cine de Barcelona’ rendeulle unha homenaxe. A pesar de sufrir un importante accidente cerebral, do que se recupera, segue a ser presidente de Baños Films, unha das máis importantes empresas do sector en Galicia. A Xunta de Galicia, en 2004, concedeulle a Medalla de Bronce de Galicia e publicou o libro de Miguel Anxo Fernández ‘Emilio Baños Santos, unha vida entre películas’, que resume a súa vida.
Nos Premios Agapi 1999, foille concedido o Premio ‘Fernando Rey’ ó conxunto da súa traxectoria, e a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, rendeulle unha homenaxe co gallo de cumprir medio século como distribuidor.