Xaime Mejuto García


Categoría: Biólogo mariño
Data de Nacemento: 28 de maio de 1954
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Web
 Currículum

Licenciouse en Ciencias Biolóxicas (especialidade de Bioloxía Mariña) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1978. Nese ano iniciou as tarefas de formación en investigación no centro da Coruña do Instituto Español de Oceanografía mediante diversas bolsas (Excma. Deputación da Coruña, bolsas de investigación da Xunta de Galicia) e mediante traballos diversos realizados no marco dos proxectos de investigación do Instituto Español de Oceanografía. Desde os primeiros anos enfocou a súa actividade investigadora con prioridade cara a temas relacionados coa dinámica das poboacións mariñas sometidas a explotación. Inicialmente, sobre poboacións de moluscos bivalvos dos bancos naturais de marisqueo das zonas costeiras de Galicia (berberecho e ameixa) baixo a supervisión de Héctor Quiroga. A finais dos setenta e inicios dos oitenta colaborou tamén en numerosos traballos sobre a dinámica de comunidades bentónicas infaunais de diversas rías de Galicia e en proxectos de pesqueiras e mamíferos mariños do Instituto Español de Oceanografía. A primeiros dos oitenta incorporouse a traballar preferentemente en proxectos de investigación sobre bioloxía pesqueira en especies peláxicas oceánicas (bonito do norte, peixe espada e quenllas), especies todas elas de gran interese económico e social para Galicia, onde realizou a maior parte das súas actividades de investigación e asesoramento no marco de equipos de investigación nacionais e internacionais. Nesta época realizou estancias de formación e colaboración en laboratorios de EE.UU. Neste campo de investigación dos peixes peláxicos oceánicos realizou numerosas publicacións sobre as especies atún branco, quenllas e especialmente sobre o peixe espada. Participou como científico en numerosos foros e grupos de traballo, así como asesor científico da Administración Pesqueira Española e da U.E. en foros pesqueiros nacionais e internacionais relacionados con estas especies pesqueiras e, de forma especial, dentro do marco da Comisión Internacional para a Conservación dos Túnidos de Atlántico (ICCAT), marco pesqueiro internacional no que aportou a maioría dos estudios realizados. A finais dos anos noventa é nomeado Xefe de Proxectos-Coordinador do Programa do Instituto Español de Oceanografía sobre Especies Pesqueiras Peláxicas Oceánicas, actividades que coordina xunto co desenvolvemento das súas actividades de investigación sobre o peixe espada e quenllas peláxicos, dentro dos proxectos de investigación nacionais e internacionais do Instituto Español de Oceanografía.

 Obras realizadas

Dentro da súa gran producción científica escrita podemos destacar algúns títulos como Contribución al estudio de la dinámica de la población de berberecho, Cerastoderma edule, en la Ría de Noia. Cuaderno da área de Ciencias Marinas, Seminario de Estudos Galegos, 1:453-467, 1984; Primeros datos sobre la dinámica de la población de Cerastoderma edule (L.) de la Ría do Pasaxe (NW de Galicia). Estrategias de explotación. Actas do IV Simposio Ibérico de Estudos do Benthos Marinho. Vol. 2: 83-102, 1984; Primeros datos sobre la dinámica de la población de Venerupis pullastra (Montagu) de la Ría do Pasaxe (NW de Galicia). Estrategias de explotación. Actas do IV Simposio Ibérico de Estudos do Benthos Marinho. Vol. 2: 67-81, 1984; Marcado de atúnblanco (Thunnus alalunga) en las costas de Galicia (NW de España), durante el verano de 1983. "Albacora 83". ICCAT Col. Vol. Sci. Pap. Vol. XX: 283-285 (SCRS ICCAT, 83/68), 1984; Campaña de marcado 4.2. de atúnblanco, Thunnus alalunga, en el Cantábrico. "Albacora 84". ICCAT Col. Vol. Sci. Pap. Vol. XXiii: 273-277 (SCRS ICCAT, 84/63), 1985; Associated catches of sharks, Prionace glauca, Isurus oxyrinchus, and Lamna nasus, with Nw and N Spanish swordfish fishery, in 1984. I.C.E.S., CM 1985/H:42; Brief note on swordfish tagging by the Spanish commercial fleet in the Atlantic (1984-1990). ICCAT Col. Vol. Sci. Pap. Vol XXXV (2): 470-471. (SCRS ICCAT 90/41), 1991; Age specific stantardized indices of abundance for swordfish (Xiphias gladius) from the Spanish longline fleet in the Atlantic, 1983-1991. ICCAT Col. Vol. Sci. Pap. Vol. XL(1): 375-392, 1993, etc. Dentro da súa gran producción científica escrita podemos destacar algúns títulos como Contribución al estudio de la dinámica de la población de berberecho, Cerastoderma edule, en la Ría de Noia. Cuaderno da área de Ciencias Marinas, Seminario de Estudos Galegos, 1:453-467, 1984; Primeros datos sobre la dinámica de la población de Cerastoderma edule (L.) de la Ría do Pasaxe (NW de Galicia). Estrategias de explotación. Actas do IV Simposio Ibérico de Estudos do Benthos Marinho. Vol. 2: 83-102, 1984; Primeros datos sobre la dinámica de la población de Venerupis pullastra (Montagu) de la Ría do Pasaxe (NW de Galicia). Estrategias de explotación. Actas do IV Simposio Ibérico de Estudos do Benthos Marinho. Vol. 2: 67-81, 1984; Marcado de atúnblanco (Thunnus alalunga) en las costas de Galicia (NW de España), durante el verano de 1983. "Albacora 83". ICCAT Col. Vol. Sci. Pap. Vol. XX: 283-285 (SCRS ICCAT, 83/68), 1984; Campaña de marcado 4.2. de atúnblanco, Thunnus alalunga, en el Cantábrico. "Albacora 84". ICCAT Col. Vol. Sci. Pap. Vol. XXiii: 273-277 (SCRS ICCAT, 84/63), 1985; Associated catches of sharks, Prionace glauca, Isurus oxyrinchus, and Lamna nasus, with Nw and N Spanish swordfish fishery, in 1984. I.C.E.S., CM 1985/H:42; Brief note on swordfish tagging by the Spanish commercial fleet in the Atlantic (1984-1990). ICCAT Col. Vol. Sci. Pap. Vol XXXV (2): 470-471. (SCRS ICCAT 90/41), 1991; Age specific stantardized indices of abundance for swordfish (Xiphias gladius) from the Spanish longline fleet in the Atlantic, 1983-1991. ICCAT Col. Vol. Sci. Pap. Vol. XL(1): 375-392, 1993, etc.

 Outros datos de interese

Foi compoñente do grupo folk galego "Verbas Xeitosas" (1971-1979), compoñendo a música de varias das súas cancións, cualificadas como ricas no contido dos seus textos poéticos cunha base musical densa e rica en timbres. Con este grupo actuou por toda Galicia e gravou varios discos: "Verbas Xeitosas" (1977), "Coa Fenestra Aberta" (1979)... Ademais, colaborou co resto do grupo en numerosas actuacións en directo e na gravación de varios dos discos do cantautor galego Suso Vaamonde, entre outros, "Romance de Cego in Memoriam de Federico García Lorca" (do disco "Abolición, contra a pena de morte) e do dobre LP de cancións infantís "Soños na gaiola", con poemas de Manuel María musicados por Suso Vaamonde, arranxados por Xosé Carlos García e interpretados por "Verbas Xeitosas" con Suso Vaamonde como solista.