Cursou Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario Metropolitano de Santiago. Na Universidade Gregoriana de Roma licenciouse en Ciencias Sociais retornando, unha vez titulado, á súa cidade natal onde exerceu a docencia no Seminario, varios institutos de Formación Profesional, concluíndo a súa etapa docente no Instituto Arcebispo Xelmírez I, sendo xubilado en 1998. Simultaneando coa docencia desempeñou varias responsabilidades no Arcebispado de Santiago, entre elas cabe destaca-las de Consiliario Diocesano da Xuventude Obreira Católicae a de profesor do Seminario Metropolitano. Foi o primeiro Delegado Episcopal en Cáritas Diocesana e Director da Oficina de Socioloxía e Estatística do Arcebispado, tendo ó seu cargo o Departamento de Informática. Foi tamén director do sitio Web da Arquidiocese en Internet.
1967: Publicou a súa primeira obra: El trabajo Manual del Clero Hoy (VV.AA. Porto 1969) Seguiron a esta, obras dos temas máis variados: Santiago. El Eco Franciscano, 1971. Santiago y Galicia Santiago, 1976. Guía de Galicia. Follas Novas, Santiago, 1978. Prostitución y Sociedad Ate. Barcelona, 1977. Santuarios de Galicia. Diócesis de Santiago Arcebispado de Santiago, 1982. Encuesta Religiosa Axiológica y Moral Secretariado de FP de la Iglesia. Madrid, 1985. Juventud Gallega. Actitudes Religioso Morales. Consejo de Educación Cristiana" Santiago, 1987. Santuarios Marianos de Galicia. Encuentro. Madrid. 1989. Hasta el Fin de la Tierra. Las raíces del Camino. Seminario Mayor de Santiago. 1993. Obispos de Iria Flavia y Arzobispos de Santiago Agencia Gráfica e ITC. Santiago. 1997. El Apóstol Santiago, San Pablo, 1999. Una Escuela para el Camino 75º Aniversario de las Escuelas de la Inmaculada. Santiago, 1999. Participou na redacción do Informe da Fundación FOESSA, co artigo "Religión, Iglesia y Nacionalidad en Galicia" (1983). O mesmo fixo na obra do Instituto de Socioloxía e Pastoral Aplicada "Catolicismo en España. Análisis Sociológico", co artigo "Religiosidad Popular" (1985). A estes hai que engadi-las súas múltiples colaboracións en Revistas especializadas e na prensa.