O narrador británico de fama internacional Tim Bowley forma dúo artístico con Casilda Regueiro e leva enfeitizando audiencias máis de vinte anos cunha rica selección de contos de tradición oral do mundo enteiro. Empezou por casualidade nun festival en Inglaterra onde unha noite contou acompañado musicalmente polos seus amigos. A actuación tivo un gran éxito e desde daquela dedicouse á máis antiga das artes, contando por toda Gran Bretaña e en varios países de Europa.
Tim coñeceu a Casilda no ano 91 cando ela traducía un curso impartido por el en España. Seis anos e varios cursos despois, decidiron lanzar ó mundo os contos que contaban xuntos nos cursos. Casilda, que xa comezara os seus estudos de teatro en Santiago de Compostela, organizou unha primeira actuación no local de contos máis coñecido da cidade e alí, ante un público desprevido, deron renda solta á narración bilingüe. A actuación tivo un éxito inmediato e deu lugar a outras moitas actuacións nos anos seguintes, ata o punto que Tim deixou Inglaterra en 1998 e instalouse en España.
Teñen participado en varios festivais e certames de narración como o Maratón de Guadalaxara, Un Madrid de Cuento, o Festival de Narración Oral de Galicia, San Juan Cuenta (Alacante), o Festival de Los Silos (Tenerife), o Certame de Narración de Beja (Portugal), a Feira de Teatro de Huesca, no famoso Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, A Feira das Linguas no Centro Cultural de Belem (Lisboa), a Feira do Libro de Sevilla, a Festa da Palabra (Fundación La Caixa, Barcelona), o 2º Encontro de Contos da Universidade de Coimbra (Portugal), o Festival Internacional de Narración de Arzo (Suíza), no 8º Festival Iberoamericano de Cuenteros (Colombia), no XIV Festival de Narración Oral Escénica de Agüimes (Gran Canaria) e recentemente no Forum 2004 de Barcelona onde contaron durante 40 días no Petit Teatre Grec do recinto.
Tamén imparten obradoiros deseñados non só para axudar ós participantes a sacar o contacontos que levan dentro senón tamén para mostrar os contos como excelentes mapas para o autocoñecemento e depositarios de sabedoría ancestral.
As historias de Tim e Casilda son historias universais que non se poden situar no tempo nin en ningún lugar, proceden de varias partes do mundo. O seu repertorio recolle contos das Illas Británicas, coa súa rica tradición de lendas artúricas e celtas, así como contos de fadas europeos e asiáticos, relatos de indios americanos, das tradicións Sufi e Zen. Cada espectáculo é un novo viaxe a un destino descoñecido.
Teñen feito un total de 900 actuacións públicas e privadas nos últimos sete anos:
-2004: 42 días de actuacións no Forum das Culturas 2004 (Barcelona), Festival ‘De Bouche à Oreille’, Théâtre de la Parfumerie, Xenebra (Suíza), Facultade de Filoloxía Inglesa (Cantabria), Fundación La Caixa (Barcelona), 9º Festival de Narración Oral Escénica de Agüimes (Gran Canaria), Prisión das Palmas (Illas Canarias), Xira das Bibliotecas Municipais de Madrid e do País Vasco, Fundación Municipal de Cultura de Xixón (Asturias), 3º xira polos institutos da illa de Lanzarote organizado polo Departamento de Cultura do Cabido de Lanzarote e Feira do libro (Valencia).
-2003: Xira polas Bibliotecas Municipais (Madrid), Semana da Oralidade (Granada), Fundación Cajastur (Asturias), Festival internacional de contos de Arzo, Tichino (Suíza), 2ª xira polos institutos da illa de Lanzarote organizado polo Departamento de Cultura do Cabido de Lanzarote, xira polos institutos de Navarra, Fundación Torre do Palau (Cataluña), Centro Cultural Albatros, Xenebra (Suíza), ‘Encontros do Conto’, Universidade de Coimbra (Portugal), Fundación La Caixa (Barcelona) e Maratón de Guadalaxara.
-2002: ‘Un Madrid de Cuento’, Festival organizado polas Bibliotecas Nacionais (Madrid), Feira do Libro (Valencia), Festival de Oralidade (Huesca), Xornadas de Animación á lectura (Ávila), Festival de San Juan Cuenta (Alacante) e Festival de Cuenteros Abrapalabra, Universidade de Bucaramanga (Colombia).
-2001: Salón Internacional do Libro (Pontevedra), Concurso de Narración ‘Palavras Andarilhas’, Beja (Portugal), ‘Un Madrid de Cuento’, Festival organizado polas Bibliotecas Nacionais (Madrid).
-2000: Congreso anual da editorial española EDICIONES S.M. (Toledo), Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro (Cidade Real) e ‘A Feira das Linguas’, Lisboa (Portugal).
-1999: Festival de Los Silos, Tenerife (Illas Canarias), Festival do Centro Cultural de Belem, Lisboa (Portugal) e Congreso de profesores de inglés (Universidade de Santiago).
-1998: Primeiras actuacións públicas, Facultade de Filoloxía Inglesa (Universidade da Coruña), Maratón de Contos (Guadalaxara).
Levan xa sete anos contando por toda España, Portugal, Suíza e Colombia. Teñen paseado as súas lendas por bibliotecas, casas de cultura, institutos e colexios, teatros e pubs, e incluso por igrexas, covas e cárceres.