Estudou bacharelato en Santiago ó mesmo tempo que debuxaba e modelaba na Escola de Artes e Oficios.
Estudos de Pintura e Gravado na Escola Superior de Belas Artes de San Carlos de Valencia. Titulado por esta escola en 1972.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
1972: Sala de arte do Palacio de Bendaña en Santiago.
1979: Galería Torques (Santiago).
1980: Galería Catro (A Coruña).
1981: Galería da librería Páxina (Viveiro).
1983: Galería Abracadabra (Vigo).
2001: Galería Citania, Pintura.
2002: Galería Citania, Gravado.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS (selección):
-1971: 'Promoción del paisaje', Galería Estil, Valencia.
-1972: Bienal del Deporte, Bilbao.
-1974: ‘25 artistas composteláns’, Galería Grido, Santiago.
-1981: Octavo cielo "Plástica Gallega", Vigo.
-1971-1972-1984: Bienal de arte de Pontevedra.
-1985: Artistas Galegos, Galería Citania, Santiago.
-1994: Exposición Nacional de Grabado, Madrid.
-1995: 14 gravadores galegos. Itinerante.
-1997: Mostra "Galicia Terra Única", Ferrol.
-1999: Certame Máximo Ramos, Ferrol.
-2000: Artistas Compostelanos, Galería Citania.
-2000-2002: Salóns de Outono de Pintura, A Coruña.
PREMIOS:
-1º Premio. Concurso Juvenil de Arte. Dirección General de la Juventud. A Coruña. Madrid.
-3º Premio. Concurso regional de Arte, Academia Galega de BBAA. (1968).
-1º Premio de la Dirección General de BBAA., Valencia (1971).
-4º Premio de Gravado II Trienal de Arte, Santiago de Compostela (1971).
-Premio "Senyera" del Excmo. Ayuntamiento de Valencia (1973).
-1º Premio Medalla de Ouro III Trienal de Arte, Santiago de Compostela (1974).
-1º Premio Medalla de Prata. Bienal de San Carlos, Valencia (1974).
Ó mesmo tempo da súa dedicación ás Artes Plásticas, compaxina estas, coa actividade docente como Profesor de Debuxo e Artes Plásticas, primeiro na Escola de AAOO Artísticas. E logo no ensino secundario. É catedrático de debuxo, actualmente destinado no IES Eduardo Pondal de Santiago.
Como unha experiencia máis, incorpórase ó proxecto colectivo de realización da curtametraxe "Maruxía" de X. Castro, como director artístico e tamén co mesmo labor en "Macana de Dote, Che!", mediametraxe de M. Castelo.