É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago e doutora en Bioloxía coa tese "Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado".
1987: Comeza a traballar como funcionaria na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como inspectora pesquera.
1989: Ocupa o posto de xefa de sección de Inspección Pesqueira.
1992: Foi nomeada xefa de Servizo de Marisqueo.
1997: Ocupa o posto de Delegada Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra).
2001: Nomeada Directora Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Desde a súa licenciatura ata a actualidade, participou como relatora en diversos cursos relacionados co mundo da pesca e publicou distintos traballos, tamén relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura.
En 2007 participou como experta da U.E. na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaria na U.E. para produtos da pesca e a acuicultura en Porto Varas (Chile).
En marzo de 2009 foi nomeada Conselleira do Mar e desde 2011 é Conselleira do Medio Rural e do Mar.