Licenciouse en Filosofía e Letras (sub-sec. Español), Filoloxía Románica (Sec. Galego-portugués) e Dereito.
Catedrático xubilado de Ensinanzas Medias de Lingua e Literatura Española.
Na actualidade, exerce de avogado.
É especialista na obra de Eduardo Blanco-Amor; as súas publicacións e conferencias céntranse na literatura galega da emigración e do exilio.
Entre as súas publicacións destacan:
-“Blanco Amor e os seus escritos periodísticos” (1993)
-Prólogo, edición e estudo a “Quince cuentos de la ciudad” e “Un conto no ceo: os Nonnatos” (1993).
-“O teatro de Blanco Amor” (1993)
-Prólogo, edición, estudio e tradución a “Catro obras inéditas do teatro de Blanco-Amor” (1993)
-Prólogo, edición e estudo á obra teatral de E. Blanco-Amor “Proceso en Jacobusland” (1990)
-“Os guións cinematográficos de Eduardo Blanco-Amor” (1994)
-“Breve historia do teatro galego na Arxentina” (1991)
-“O teatro na Galicia exterior” (1997)
-“Fernando Iglesias, «Tacholas», un actor auriense na
Galicia ideal” (1996)
-Edición e estudo de “As bágoas do demo de Ramón
Valenzuela” (1996)
-“O Pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García
Lorca”, 3ª ed. (2011).