Roberto Ledo Garrido


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 2 de agosto de 1960
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Leva case 20 anos como salvaterrense de adopción desde onde exerce a súa profesión de xornalista. Antes foi profesor de Formación Profesional tras diplomarse en Profesor de Educación Xeral Básica en 1984.

Tras 6 anos de ensino, namorouse do xornalismo e comezou a traballar no xornal Faro de Vigo. Nos anos 90 residiu en Santiago de Compostela e traballou primeiro como redactor nunha produtora audiovisual de La Región e á vez colaborou coa Axencia Galega de Noticias. En 1991-92 foi redactor de local en Santiago de Compostela no Ideal Gallego.

A continuación desenvolveu a súa profesión como consultor de comunicación da Escola Galega de Administración Pública, EGAP, da Xunta de Galicia. Desde 1993 ata o 2000 exerceu como director de comunicación na Secretaría Xeral de Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia. Alí impulsou desde case o seu nacemento o Plan Comarcal de Galicia a través da empresa pública Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Á vez foi colaborador de El Correo Gallego e O Correo Galego así como a revista económica ECO.

Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998.

No ano 2000 instalouse en Salvaterra de Miño, sendo director da publicación on line riadevigo.com. A continuación foi redactor de Atlántico Diario e La Voz de Galicia. Despois crea una empresa de Comunicación, Grupo ES. Comunicación Profesional, para os municipios de Salvaterra, Salceda de Caselas e As Neves co fin de dar a coñecer a actividade municipal. No 2003, crea un dos primeiros xornais dixitais de Galicia, Vigometropolitano.com. Despois poría en marcha vigogastronomico.com e vigosport.com. Á vez colabora dous anos coa Guía Gastronómica de Radio Vigo e, coa experiencia radiofónica adquirida, crea o seu propio programa de gastronomía en Onda Cero, Gastronomía na Onda.

En 2009, funda www.grupoescomunicacionprofesional.com, un xornal que reúne a temática dos tres anteriores pero dirixíndose ao mundo empresarial nacional e internacional. Na actualidade, froito do seu coñecemento e boa acollida no país irmán, Portugal, volve crear unha nova cabeceira, www.diarioluso-galaico.com , xornal que é un punto informativo transfronteirizo que une Galicia con Portugal ofrecendo información de ambos os lados do Miño.

Na actualidade, Roberto está moi preocupado pola Nutrición así como en axudar a que outras persoas teñan un estilo de vida saudable. A tempo parcial, exerce como adestrador de benestar e é membro independente da multinacional do Benestar Herbalife.