-1991: Licenciada na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, en Historia da Arte Moderna e Contemporánea, Curso sobre Escultura Contemporánea e Cursos de Verán, Soutomaior.
-1996: Licenciada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (rama de Pintura), Curso de Gravado e Estampación (Pontevedra), primeiro curso de doutorado en Historia da Arte, U.N.E.D. (Madrid), Cursos: ‘La imagen del artista en el mundo contemporáneo’, ‘Arte Abstracto, el misterio blanco de la modernidad’ e ‘El grabado xilográfico en el siglo XIX’.
-1997: Segundo curso de doutorado en Historia da Arte, U.N.E.D. (Madrid), Cursos: ‘Abstracción y figuración de la escultura de hierro en España’ e ‘La introducción del arte del Renacimiento en España’.
-1998: Curso sobre ‘Mitos de fin de siglo’, Cursos de verán da Universidade de Vigo (Vigo) e tesiña sobre o grupo ‘Atlántica’, U.N.E.D. (Madrid).
-1999: I Obradoiro Literario para Narradoras en Lingua Galega (Vigo), Obradoiro de Pintura ‘Pablo Ruíz Picasso’, dirixido por Juan Genovés, UNIÓN FENOSA (A Coruña).
-2001: II Obradoiro Literario para Narradoras en Lingua Galega (Vigo) e Curso de Guión cinematográfico (Vigo).
-2002: III Obradoiro literario para Narradoras en Lingua Galega (Vigo), Curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Obradoiro de Pintura ‘Hablando con las brochas. Conversaciones desde la pintura’, dirixido por Victoria Civera e Juan Uslé (Santander), IV Obradoiro literario para Narradoras ‘Literatura periodística’, dirixida por Víctor Freixanes.
-2003: ‘De lo desconocido a lo desconocido’, obradoiro literario impartido por Manuel Rivas, UIMP (Santander).
-2004: Obradoiro de Pintura ‘Pablo Ruíz Picasso’, dirixido por Soledad Sevilla, MACUF (A Coruña).
Actualmente traballa na súa tese, dirixida na Facultade de Humanidades da U.N.E.D. (Madrid).
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-2004: ‘A fuxida’, Galería Espacio 48 (Santiago de Compostela).
-2002: Ut pictura poesis (xunto á poetisa Ledicia Costas), Igrexa da Universidade (Santiago de Compostela).
-2001: ‘Recuerdos de la piel’, Sala de exposicións da UNED, Barbastro (Huesca).
-1999: ‘Recuerdos de la piel’, Galería Bacelos (Vigo).
-1998: ‘Cosas Transparentes’, Galería Bacelos (Vigo) e ‘Xeometrías Imposibles’, Colexio de Arquitectos (Vigo).
-1993: ‘Grabados’, Casa do Pobo (Vigo).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
-2004: ‘A fuxida’, Galería Espacio 48, Santiago de Compostela; FESTIGAL, Mostra de videocreación, Sala NASA, Santiago; Colección de Arte da Fundación ‘Ramón J. Sender’, Barbastro (Huesca).
-2003: ‘Grupo 20’, Auditorio de Lugo; ‘Legais coa Sida’, Sala dos Peiraos (Vigo); ‘Botella tirada al mar’, Casa das Artes (Vigo); ‘Grupo 20’, Casa de Galicia (Madrid).
-2002: ARTE LISBOA, Feira de Arte, Lisboa (Portugal); ‘Tocar fondo’ e ‘Contar intimidades a descoñecidos’, Galería Espacio 48 (Santiago de Compostela); ‘Xeometrías da desorde’, Sala de exposicións do COAG (Vigo); ‘767’, colectiva na Fundación Laxeiro (Vigo).
-2001: ARTE LISBOA, Feira de Arte, Lisboa (Portugal); ‘VII Mostra Unión Fenosa’, Estación Marítima (A Coruña); ‘10 + 10’, Casa da Parra (Santiago de Compostela); V Bienal ‘Laxeiro’, Concello de Lalín; ’17 Concurso de Pintura Concello de Cambre’, Cambre (A Coruña).
-2000: III Certame de Expresión Plástica ‘Ramón J. Sender’, Barbastro (Huesca); X Concurso Internacional de Pintura Fundación Barceló (Palma de Mallorca).
-1999: ‘16 Concurso de Pintura Concello de Cambre’, Cambre (A Coruña); Colectiva de Nadal, Galería Bacelos (Vigo).
-1998: II Certame de Pintura ‘Ramón J. Sender’ (Huesca); ‘Expresións II’, Sala Teucro (Pontevedra); ‘Arte Xoven Galega’, Artistas Premiados 1978-1998, Casa das Artes (Vigo).
-1997: I Premio de Expresión Plástica ‘Ramón J. Sender’ (Huesca); Sala dos Peiraos, obras de pequeno formato (Vigo); V Certame de Artes Plásticas ‘Isaac Díaz Pardo’, Deputación da Coruña.
-1996: ‘Econavarra 96’ (Pamplona e itinerante por diversas cidades); I Premio de Pintura Villa de Agreda, Agreda (Soria); Certame ‘Ademar Champagnat’, Casa das Artes (Vigo).
-1995: ‘Novos Valores’, Deputación de Pontevedra (Pontevedra); ‘S.T. Técnica Mixta, Medidas Variables’, BB.AA. (Pontevedra); III Concurso Internacional de Gravado ‘Cidade de Ourense’ (Ourense) e ‘Insinuacións’, Facultade de BB.AA. (Pontevedra).
PUBLICACIÓNS:
-Artigo sobre ‘La cromoxilografía Japonesa. La escuela Ukiyo-e’, nº 1 da Revista BANG, Boletín de arte e Netmanía Galega, abril 1997 w.w.w. aranl.es/bang.
-Artigo ‘Etapas de la Escuela Ukiyo-e’, nº 4 da Revista BANG, outubro 1997 www. arnal.es/bang.
-Artigo na Revista Municipal ‘Quiñones de León’ de Vigo, na sección de arte. Título: ‘Fernando Casás: Ética y Estética’, nº 11, 1998.
-Ilustracións na Revista ‘Festa da Palabra silenciada’, nº 14, 1998.
-Artigo sobre Ángel Huete, Revista ‘Interesarte’, outono 1999, Editorial Galaxia, Santiago de Compostela.
-Revista ‘Ars Nova Mediteranea’ Dossier Galicia 2000, con artigos e elaboración de textos para o CD, Barcelona.
-Revista da Facultade de Xeografía e Historia, ‘Espacio, Tiempo y Forma’, Serie VII, 13. Artigo ‘Atlántica: La renovación plástica gallega’, UNED – Madrid, 2000.
-Ilustración para un poema de Manuel Forcadela no libro ‘O trazo aberto’, Servizo de Publicacións da Deputación Pontevedra, 2002.
-Texto para a exposición de Javier Pena, Casa de Galicia, Madrid, 2003.
Ademais, ten colaborado en textos sobre artistas galegos contemporáneos na ‘Enciclopedia Galega Universal’ da Editorial Ir Indo. A súa actividade literaria céntrase na publicación de contos no ano 1999 na Revista ‘Festa da Palabra silenciada’, nº 15, con ‘O soldado Klaus’ e coa aparición no ano 2000 do conto ‘Ela’ na colección sobre mulleres narradoras ‘ABISMOS’ da editorial Xerais. Na editorial ACUMÁN ten publicado os contos ‘Vicio’ (2002), ‘Soñando’ (2003) e ‘Huyendo’ (2004). Así mesmo, realiza labores de comisariado en diversas mostras sobre arte contemporánea como ‘16’, Sala dos Peiraos, Vigo (2001), ‘Xeometrías da desorde’, Sala de exposicións do COAG, Vigo (2002); ‘Coñecemento e Expresión Plástica’, Sala dos Peiraos, Vigo (2002) e ‘Visual, no verbal’, Casa da Xuventude, Vigo (2004).
Foi galardoada co primeiro premio no III Certame de Expresión Plástica ‘Ramón J. Sender’ en Barbastro – Huesca (2000), accésit en ‘16 Concurso de Pintura Concello de Cambre’, Cambre - A Coruña (1999), o premio para alumnos da UNED no II Certame de Expresión Plástica ‘Ramón J. Sender’, Barbastro - Huesca (1998), o primeiro premio no Certame ‘Arte Xoven Galego’, Vigo, o Premio ‘Concello de Vigo’ no Certame ‘Ademar Champagnat’, Vigo, accésit no Primeiro Certame Vila de Redondela, Redondela – Pontevedra e accésit no I Certame de Expresión Plástica ‘Ramón J. Sender’, Barbastro - Huesca (1996).
As súas obras figuran en diversas coleccións e museos como a Fundación Ramón J. Sender, Barbastro (Huesca), a colección ‘El Corte Inglés’ (Vigo), a colección ‘Ademar Champagnat’ (Vigo), a colección BBV (Vigo), a Biblioteca Nacional, Sección de Gravado Contemporáneo (Madrid) e o Museo Unión Fenosa (A Coruña).