Despois de obte-lo título de Bacharelato Superior, expedido pola Universidade Complutense de Madrid, realizou os seus estudios de Náutica na Escola Superior da Mariña Civil (Escola de Náutica) na Coruña, obtendo os títulos de Alumno e Piloto de 2ª e 1ª clase da Mariña Mercante. Na Facultade de Náutica de Barcelona obtén o título de Capitán da Mariña Mercante e navega como alumno e oficial de ponte en compañías nacionais e estranxeiras (CAMPSA e TRANSMARINE A.P.S.) desde 1981 ata 1988. Imparte clases de seguridade a bordo, así como de lexislación sobre asuntos pesqueiros en cursos organizados polo ISM en Burela e Celeiro. En 1989 ingresa na administración autonómica como funcionario interino na Consellería de Pesa, Marisqueo e Acuicultura na escala de titulados náutico-pesqueiros, especialidade de patrón, e en 1996 pasa a ser funcionario de carreira da mesma escala. Durante esta etapa impartiu charlas polas confrarías da mariña lucense sobre a seguridade na flota de baixura ou artesanal e máis concretamente sobre as normas complementarias para as embarcacións menores de 12 metros de eslora. En decembro de 1997 é nomeado delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Lugo, cargo que mantén na actualidade. Estivo como moderador e relator en diferentes xornadas, charlas e debates sobre temas pesqueiros nesta última etapa da súa carreira profesional. Desde o ano 2001 asiste como representante de pesca ás reunións e temas relacionados co ICCAT. pabl