Data de ingreso na Real Academia Galega: 14/09/2013.
O catedrático de historia na Universidade de Santiago de Compostela Pegerto Saavedra Fernández naceu na Fonsagrada o 15 de novembro de 1951. Premio extraordinario de licenciatura e de doutoramento, iniciou o seu traballo de investigación so a dirección do historiador Antonio Eiras Roel, especializándose no estudo das condicións de vida no rural galego entre os séculos XV e XIX. Sobre esta materia leva publicado un gran número de monografías como “Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón” (1979), “Economía, Política y Sociedad en Galicia: la provincia de Mondoñedo, 1480-1830” (1985) e “A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850” (1992), que mereceu o Premio Nacional da Crítica de 1993.
Influído por historiadores de liñaxe marxista como Pierre Vilar e E. P. Thompson, a obra de Pegerto Saavedra defínese, segundo Ramón Villares, por ser “a tentativa máis ambiciosa entre nós de afrontar o reto dunha historia ‘total’, na que se combine a atención ás bases demográficas ou económicas dunha comunidade humana coa análise social e co goberno político do territorio” (Villares, 2013). Outro dos trazos característicos da súa concepción da historia é a atención á “historia desde abaixo” ou historia da vida cotiá, campo de investigación no que foi pioneiro no noso país, e que procura reproducir as condicións de vida dos labregos en Galicia durante o Antigo Réxime,e a súa relación de resistencia, máis u menos pasiva, ás tentativas de control e usurpación dos seus dereitos por parte dos señores feudais, a Igrexa e o poder central.
-“Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón” (USC, 1979)
-“Economía, Política y Sociedad en Galicia: la provincia de Mondoñedo 1480-1830” (Xunta de Galicia, 1985)
-“A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850” (USC, 1992)
-“La Galicia del Antiguo Régimen. Economía y Sociedad” (ed. Hércules, 1992)
-“A Facenda Real na Galicia do antigo réxime (As rendas provinciais)” (Xunta de Galicia, -“Escola Galega de Administración Pública” (1993)
-“La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen” (ed. Crítica, 1994)
-“Das casas de morada ó monte comunal” (Xunta de Galicia, 1996)
-“Agricultura e Ilustración” (editor e autor do “Estudio preliminar”) (Xunta de Galicia, 1999)
-“Señoríos y comunidades campesinas. Aportaciones a la Historia Rural de la España Moderna” (Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2003)
-A Galicia do Antigo Réxime (ca. 1480-ca. 1835). A sociedade. 1. Frades, cregos e fidalgos (Arrecife Edicións Galegas, 2007)
-Galicia do Antigo Réxime (ca. 1480-ca. 1835). A sociedade. 2. Os campesiños, os conflictos sociais e os pobres (Arrecife Edicións Galegas, 2007)
-A Galicia do Antigo Réxime (ca. 1480-ca. 1835). Política e Cultura. 1. Os diversos poderes e o seu equilibrio cambiante (Arrecife Edicións Galegas, 2007)
-A Galicia do Antigo Réxime (ca. 1480-ca. 1835). Política e Cultura. 2. O Ensino: desde as escolas de ferrado á Universidade (Arrecife Edicións Galegas, 2007)
-El siglo de las luces: Cultura y vida cotidiana en la España del siglo XVIII (Arrecife Edicións Galegas, 2004)
-El siglo de las luces: Cultura y vida cotidiana en la España del siglo XVIII (Síntesis, 2004)
Pegerto Saavedro leva colaborado en numerosas publicacións colectivas e revistas especializadas ao longo da súa carreira entre as que destacan:
-“Atlas histórico de Galicia” (Nigra - Trea, 2004)
-“Historia de la Universidad de Santiago” (USC, 1998/2000)
-“Señores y campesinos en la Península Ibérica, ss. XVIII-XX. I . “Os señores da terra”. II. Campesinado y pequeña explotación” (Crítica, 1991)
-“Espacios rurais e sociedades campesiñas” (USC, 1997)
-"Los montes abiertos y los concejos rurales en Galicia en los siglos XVI-XVIII: aproximación a un problema" (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1982)
-"Desarrollo y crisis de la industria textil gallega: la lencería" (Cuadernos de Investigación Histórica, 1983)
-"Comunidades campesinas, xurisdiccións e partidos na Galicia da Idade Moderna" (Rev. Admón. Galega, 1985)
-"Transformaciones agrarias y crecimiento de la población en la provincia de Mondoñedo, 1550-1830" (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1987)
-"La economía del monasterio de Carracedo, ca. 1700-1834" (Studia Historica, 1987)
-“Industria téxtil rural e cambios demográficos na Galicia cantábrica, 1750-1850” (Grial, 1989)
-"Casa y comunidad en la Galicia interior, 1750-1860" (1989)
-"Contribución al estudio del Régimen Señorial gallego" (Anuario de Historia del Derecho Español, 1990)
-"O papel da igrexa na evolución da Galicia moderna" (A Trabe de Ouro, 1991)
-"La dinámica de la petita explotació pagesa a la Galícia de l’antic règim" (Recerques, 1992)
Pegerto Saavedra é, ademais, director do Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC (1990-2001), vicepresidente da Fundación Española de Historia Moderna (2001-2005), membro ds Comisións de Doutorado (2002-2007) e do Arquivo Histórico e Universitario da USC dende 2004. Membro do Consello Editorial da revista Obradoiro de Historia Moderna, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletín do Museo Provincial de Lugo, Historia y Genealogía (Universidade de Córdoba). É membro da Comisión de Patrimonio do Consello da Cultura Galega, e da Comisión de Cultura de la Deputación Provincial de Lugo (2007-2011).