Participou nos libros colectivos Intifada (Fundación Araguaney, Santiago, 1989 e 2003), Homenaxe a Miguel González Garcés (Deputación da Coruña, 1991), Comercial (Río Xuvia Edicións, Neda - A Coruña, 1998), Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (vtp, Madrid, 2000), 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, Vigo, 2001), O trazo aberto (Deputación de Pontevedra, 2002), Narrativa Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005), Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes Montes (Edicións Fervenza, A Estrada, 2005) e Pontevedra Literaria (Concello de Pontevedra, 2007).
Coordinou, xunto con Vicente Araguas, a edición de En tránsito. Poesía galega en Madrid (Ediciós do Castro, O Castro-Sada, 2001).
De xeito individual publicou os libros:
Poesía:
-Poemas de cinza (Edición do autor, Madrid, 1990)
-Todo morte (Edicións Río Xuvia, Neda, A Coruña, 1998, reeditado en 2006 por Ediciós do Castro, Sada - A Coruña)
-Rosa íntima (Espiral Maior, A Coruña, 2000)
-Inventario de fragmentos (Libros da Frouma - Librería Follas Novas, Santiago de Compostela, 2001) co que conseguiu o premio Rosalía de Castro, na modalidade de galego, da Casa de Galicia en Córdoba
-Libro das viaxes (Editorial Litoral das Rías, Pontevedra, 2003).
Prosa:
-Traxectos curtos (Editorial TresCTres, Santa Comba, 2005)
-Días do final (Editorial Galaxia, Vigo, 2007).
En narrativa, gañou a novena edición (1992) do premio de relatos Casa de Galicia en León por Día de inverno; e en 1999 concedéronlle un accésit no concurso Modesto R. Figueiredo pola narración Sobremesa.